Skip to Content

1º Curso

MÚSICA

EDUCACIÓN MUSICAL

Estimados alumn@s de 1º:

No olvidéis visitar, dentro de ACTIVIDADES, el apartado de Aula de Música. Ahí iré poniendo todo lo que necesitáis saber , con respecto a la materia de Educación Musical, este trimestre. Un beso muy grande para tod@s.

 

 

TRABALLOS DE CIENCIAS 1ºB

Ola nenos e nenas!!

Aquí vos deixo unha mostra dos traballos de ciencias.

Preme en adxuntos para velo.

Unha aperta

DÍA DA TERRA

Ola nenos e nenas!!

Hoxe, 22 de abril de 2020,  como todos os anos dende 1970, celébrase o

Día da Terra!

No blog  de Orientación tendes varias propostas da profe Conchi.

Saúdos

ACTIVIDADES 1º A E 1ºB

 

 PROPOSTA ACTIVIDADES DO 20 AO 25 DE ABRIL

Ola nenos e nenas!!! Como estades ? Nos desando volver ás clases para estar con tod@s. Ánimo que xa queda menos!!

 Non vos esquezades que si vos apetece, podedes mandar algunha foto dás actividades que facedes,  dúbidas, propostas, saudarnos ...., ás seguintes direccións:

1º A: profeanarealonga@gmail.com

1º B: aula1barealonga@gmail.com

Os deixamos máis abaixo os arquivos coas diferentes propostas de  actividades de Matemáticas, Lengua, Lingua e Ciencias. Intentade ler tódolos días e repartide o traballo o longo da semana.

Saúdos agarimosos das mestras de 1º EP.

 

Dende a biblioteca do cole, con motivo da celebración o próximo xoves 23 de abril do día do libro, propoñen a seguinte actividade:

Gravar un vídeo ,dicir o voso nome e curso e recomendar un libro , explicando porque vos gusta .Os enviades á seguinte dirección:

ceip.arealonga@gmail.com

 

ACTIVIDADES 1º A E 1ºB

TRABALLO DO 14 DE ABRIL AO 20 DE ABRIL

Ola a tod@s!

Cada semana subiremos novas propostas, ademais podedes consultar os recursos propostos na entrada anterior.

Non esquezades seguir practicando a lectura. Deixámosvos dous enlaces de dúas lecturas :

 

CAPERUCITA DE COLORES de Anaya Editorial:

https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc00460101_08_caperucita_colores

FELIZ FEROZ, O LOBIÑO RIQUIÑO de Anaya Editorial:

ttps://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/feliz_feroz_o_lobo_riquinho_ok

Pulsando en "adxuntos" podedes descargar as fichas de matemáticas, lingua galega, lingua castelá e manualidades.

Un saúdo!

As mestras de 1º

ACTIVIDADES 1º CURSO (Vacacións Semana Santa)

Ola nenas e nenos de 1º!

Como xa sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa formación non presencial o martes 14 de abril de seguir a restricións de asistir ao colexio.

Se mentres queredes seguir facendo algunha actividade do colexio, podedes revisar o anterior post, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades - 1º EP ( primeiro post). (Se premedes enriba , xa vos
redirixe)

Se vos apetece mandarnos algunha foto das actividades que facedes,
dúbidas que teñades ou algunha suxestión, podedes escribirnos as
seguintes direccións:

1º A: profeanarealonga@gmail.com
1º B: aula1barealonga@gmail.com

Ademais vos propoñemos a seguinte actividade ( animádevos a facer
algunha foto que subiremos a web de 1º):

RISOTERAPIA EN FAMILIA
Traémosvos uns exercicios de risoterapia que podedes practicar sós e/ou en familia.
Que é a Risoterapia? É unha técnica destinada a mellorar o estado http://youtube.online-downloader.com/YouTube-to-FLV-Spanishfísico e psicolóxico a través da risa: cando unha persoa ri, ademais de mellorar o seu estado de ánimo e mellorar o seu estado psicolóxico ou de tensión, coa risa tamén se xera unha substancia benéfica para o organismo, as endorfinas, que melloran o noso sistema inmune e por tanto protéxennos das enfermidades. Así que vos deixamos 100 doses de risas como mínimo!!

Risa en xaxún: Cada mañá, ao levantarte, séntate comodamente coas costas rectas, pero sen rixidez (para poder respirar ben, non presionar o diafragma e modular e proxectar ben a túa voz), e dedícate a rir sen ningún motivo especial durante un par de minutos

Risa caseira: Cada membro da familia estará facendo as súas cousas, de súpeto soltas unha estrondosa gargallada, aparentemente sen sentido, durante quince segundos e volve a normalidade do que facías. Oxalá consigas involucrar aos familiares e logres que cando escoiten a gargallada todos a imiten.

O espello: Para facelo tanto en grupo como só. Colócate fronte a un espello e cambia a expresión do teu rostro. Fai distintas muecas, sorrí.... Tamén un neno ou adulto para facer de espello, imitando as muecas e sorrisos, podendo cambiar os roles.

Cóxegas: Para facer en grupo. A risa causada por cóxegas é a forma de risa máis primitiva. As zonas máis cosquillosas son: axilas, flancos, pescozo. Cando se reciben cóxegas envíanse a través das terminacións nerviosas da pel, impulsos eléctricos ao sistema nervioso central, o que desata unha reacción na rexión cerebral. Por tal motivo, moi poucas persoas poden resistir a esta técnica infalible

Esperamos que vos guste!!!!!

Saúdos agarimosos!!!

As mestras de 1º

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut