Skip to Content

6º Curso

SOMOS CIBEREXPERT@S

APRENDEMOS A SER CIBEREXPERT@S

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria asistimos hoxe a unha interesente charla, a cargo do Inspector da Policía Nacional Antonio Suárez, para coñecer os riscos de Intenet e das redes sociais.

Empezamos por aprender que é a nosa identidade dixital. e descubrimos que con un só click de "gústame" hai moita xente que pode acceder aos nosos datos e a nosa vida privada.

 

Feira Medieval da Árbore

 

O alumnado de sexto nivel do CEIP Arealonga organizou unha feira para recaudar diñeiro co fin de donalo a asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Querían botarlles unha man para seguir coidando dos nosos bosques trala desgraza que ocorreu este curso 2017-2018 pola culpa dos incendios en Galicia.

Gracias aos postos de comida e os de xoguetes feitos con material reciclado e ca organización de actividades e xogos conseguiron reunir  654,42€. Todos eles donados para a conservación das nosas árbores.

Noraboa rapaces e rapazas! Sodes xeniales!

CHARLA DE SEGURIDADE NOS ESPAZOS NATURAIS

FACEMOS UN BO USO DAS NOSAS PRAIAS

Un grupo de rapaces do Concello de Vilagarcía, que están formándose para ser socorristas, nos explicaron os perigos que podemos atopar nas nosas praias e como facer cando sufrimos unha picadura, unha insolación, unha queimadura... Ademais nos advertiron dos perigos de tirarse de rochas, estar moito tempo ao sol ou sufrir unha hidrocución. Fixemos un xogo con tarxetas para entender o significado das bandeiras verdes, amarelas e vermellas. Foi moi interesante!!!!

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

VISITA A SANTIAGO

El martes, 27 de febreiro, viaxamos a Santiago de Compostela toodos os nenos e nenas de 6º. Primeiro visitamos o Parlamento de Galicia e nos explicaron como funcionaba. Logo fomos o Museo do Pobo Galego e a continuación acudimos á Cidade da Cultura. Como mola o Gaiás!. Pola tarde, despois do xantar, visitamos a Catedral e casco histórico da cidade...

EDUCACIÓN VIAL

FALAMOS DE EDUCACIÓN VIAL

Un membro da Policía Local de Vilagarcía veu ao noso colexio para falarmos da importancia da educación vial. Ser peóns responsables ao cruzar as estradas e ao andar pola beirarrúa, respectar as normas básicas de circulación, facer un uso axeitado da bicicleta, sempre con casco, e ter un bo comportamento no uso do autobús escolar foron algunhas das recomendacións que nos fixo...

FALAMOS DA PUBLICIDADE

CHARLA SOBRE A PUBLICIDADE

A psicóloga do SPAD de Vilagarcía deu unha charla aos alumnos e alumnas de 6º  sobre a publicidade, as técnicas que utiliza para convencernos e como debemos ser críticos á hora de ver os anuncios e consumir determinados produtos.

CHARALAS R.C.P BÁSICA

CHARLAS R.C.P BÁSICA

Rubén Navarro e David Agrelo, investigadores da Universidade de Santiago en temas de primeiro auxilios, acudiron esta semana ao noso colexio para formar aos rapaces de 5º e 6º en técnicas de atención á persoas que sufren accidentes e poden quedar inconscientes. 

Cunha charla e prácticas individuais aprenderon a comprobar se a persoa afectada respira, a aplicar manobras coma a fronte-mentón e sobre todo, comprender a importancia de avisar inmendiatamente aos servizos de emerxencia e auxiliar ás persoas que o precisen... 

ATRÉVETE A EMPRENDER

PROXECTO ATRÉVETE: aprendermos a emprender na escola

Participamos alumnos/as de 6º do  CEIP Arealonga no IES Bouza Brey

EDUCACIÓN VIAL

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIAL PARA OS ALUMN@S DE 6º

Como todos os anos a Policía Local de Vilagarcía invitounos a participar nunha charla sobre Educación Vial e despois puxemos en práctica o aprendido nun circuito instalado diante do Auditorio. Xa sabemos como circular máis seguros como peóns, coma ciclistas e como conductores...

GAÑADORES DO CONCURSO: VALORES DE FUTURO CO PROXECTO:" CON MANS E PATAS"

Video del proyecto:  "Valores de futuro: con manos y patas", cuyo objetivo era ahorrar para colaborar con una asociación protectora de animales local. Pues tan bien fue el proyecto que, entre 350 centros de toda España, resultamos ganadores! La verdad es que estos chavales han hecho un gran trabajo. ¡Enhorabuena!

 

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/06/21/alumnos-arealonga-ganan-concurso-solidario/1702525.html

 

Distribuir contido


by Dr. Radut