Skip to Content

Orientación

OBRADOIROS DO SPAD

O ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NO OBRADOIRO "TBO e non cho creo", ORGANIZADO POLO SPAD DE VILAGARCÍA, NO QUE RECIBIRON INFORMACIÓN SOBRE AS CONSECUENCIAS DO CONSUMO DO ALCOHOL  E DESPOIS REALIZARON UN CÓMIC SOBRE O TEMA TRABALLADO.

OBRADOIROS DO SPAD

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NO OBRADOIRO "TI QUE OPINAS", ORGANIZADO POLO SPAD DE VILAGARCÍA, PARA TRABALLAR O CONSUMO CRÍTICO E RESPONSABLE A TRAVÉS DA ANÁLISE DA PUBLICIDADE.

PON AS LENTES VIOLETAS

DENTRO DA CAMPAÑA HACKEANDO O MACHISMO NAS REDES SOCIAIS, PON AS LENTES VIOLETAS, PROMOVIDO POLA CONCELLERÍA DE IGUALDADE, OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPARON NUN OBRADOIRO PARA  DETECTAR, DESTAPAR E BLOQUEAR O MACHISMO NESTAS REDES.

SE QUEREDES TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA CAMPAÑA PODEDES CONSULTAR O ADXUNTO

CAMPAMENTOS DE VERÁN

O concello de Vilagarcía acaba de publicar as bases para solicitar os campamentos urbanos para nenos e nenas de tres a sete anos, de cara a favorecer a conciliación familiar nos meses de verán.

Podededes consultar as bases no adxunto.

CARREIRA POLA IGUALDADE

O 8-M NON PUIDEMOS FACELA PERO HOXE, 15 DE MARZO, REINVINDICAMOS A IGUALDADE ENTRE HOMES E MULLERES CUNHA CARREIRA SOLIDARIA NA QUE RECADAMOS FONDOS PARA A INVESTIGACIÓN SOBRE A LEUCEMIA INFANTIL

XA SOMOS COLE "UNENTRECENMIL" E CONSEGUIMOS 798 EUROS PARA IMPULSAR A LOTIA CONTRA ESTA ENFERMIDADE INFANTIL.

Mulleres do mundo

Seguimos viaxando polo mundo. Para celebrar o día da muller, as familias do centro colaboraron aportando información e vivencias de mulleres da súa familia que por diversos motivos tiveron que vivir ou traballar en distintos países e así reinvindicamos a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres.

Grazas a todas as nosas Mulleres do mundo!!!!!

Día da muller

Con motivo do día da muller o alumnado de educación infantil elaborou este mural para conmemorar esta data.

CHARLA SOBRE OS RISCOS DAS REDES

HOXE O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, DENTRO DO PLAN DIRECTOR, PARTICIPARON NUNHA CHARLA INFORMATIVA DA POLICÍA NACIONAL RELATIVA AO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS  E OS SEUS RISCOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut