Skip to Content

Orientación

ACABA O TRIMESTRE

 Hoxe chegaron as notas da segunda avaliación á casa a través do móbil e comezamos as vacacións de Semana Santa.

Estas van ser unhas vacacións diferentes nas que toca estar en casa, coa familia e aproveitar para facer cousas diferentes: decorar con debuxos da primavera a nosa habitación, aprender a cociñar larpeiradas e pratos saborosísimos, descubrir novos xogos ou inventalos, ordenar fotos da familia e lembrar bos momentos de viaxes,escribirlle unha carta a un compañeiro/a para contarlle o que estamos a facer e, sobre todo, para protexernos quedando en casa. Non esquezades lavar moito as mans con xabón para ter o Super-Poder de protexernos contra este bicho feo e se tod@s quedamos na casa ese virus farase débil, irá perdendo forza, e deixará de facer dano á xente que queremos. Este é un traballo en equipo que temos que facer entre tod@s para acabar con este coronavirus e poder saír de nova á rúa, ao colexio, ao parque, á praia...

 

 

Ao longo destes días continuaremos subindo contidos e actividades a este blog e lembrade que para calquera dúbida tedes o correo electrónico: orientacionarealonga@gmail.com

 

RECURSOS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

QUERIDAS FAMILIAS:

Como xa sabedes a atención á diversidade é a función e responsabilidade principal das mestras que compoñemos o Departamento de Orientación, por iso  cremos que é necesario aportarvos materiais e recursos específicos para poder traballar cos vosos fillos e fillas, con dificultades de aprendizaxe ou necesidades educativas, para poder afrontar unha individualización da resposta educativa.

Aquí tedes uns enlaces específicos e se tendes algunha dúbida ou precisades axuda, podedes contactar connosco a través do correo electrónico: orientacionarealonga@gmail.com

 RECURSOS NA REDE: 

Educación Infantil:

 

·       recursoseducativosdeinfantil.blogspot.com

 

·       Educanave

 

           Educación Primaria:

 

·       Desafíos matemáticos (apoyo-primaria.blogspot.com)

 

·       Razoamento matemático (ceiploreto.es)

 

·       Xogos matemáticas online para Educación Primaria (aulapt.org)

 

·       Colección de xogos de ortografía #yomequedoencasa (aulapt.org)

 

·       Colección de xogos online de comprensión (aulapt.org)

 

·       Xogos online de conciencia fonolóxica (aulapt.org)

 

·       Cadernos de traballo, apoio e reforzo para toda Educación Primaria editorial la calesa (orientacionandujar.es)

 

 

 

 

 

 Esperamos volver vernos pronto no cole. Quedade na casa e moito ánimo!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS EN FAMILIA

A XOGAR!

Dentro destas rutinas diarias que debemos levar a cabo neste tempo de confinamento é moi importante o momento de xogo e lecer. 

Podemos empregar obxectos cotiás e espazos da casa para xogar en familia e mellorar a convivencia estes días de cuarentena.

 

No seguinte ENLACE podedes ver ideas de xogos en familia divertidos para pasar a corentena cos nenos e nenas.

RETRINCOS DE CORES

Desde o COPG (Colexio oficial de psicólogos de Galicia) acaban de publicar "RETRINCOS DE CORES", un material para traballar cos nenos e nenas esta emerxencia santiaria a través do debuxo.

Podedes descargar o PDF e traballalo cos vosos fillos e fillas.

 

LECTURAS VARIADAS

RUTINAS DIARIAS

Dentro das actividades que os nenos e nenas deberían facer estes días que teñen que estar na casa, deberiamos incluir un ratiño de lectura.

Aqui vos deixo un enlace da editorial Bruño para acceder gratuitamente a contos para os máis pequechos/as.

CONTOS

E máis enlaces, esta vez da editorial Xerais con contos en galego.

LIBROS

EDUCAR NA CALMA NESTES DÍAS DE CONFINAMENTO

PAUTAS EDUCATIVAS NESTE CONFINAMENTO

Hoxe vos deixo un artigo de Sara Tarres, responsable do Blog Mamá Psicóloga Infantil, experta en dificultades de aprendizaxe e psicopatoloxías infantis.

É unha reflexión sobre como afrontar estes días de encerro na casa cos vosos fillos e fillas, aproveitándoos para axudalos a crecer como persoas e compartir un tempo enriquecedor en famiia

Educar en la calma en tiempos de confinamiento.

Ánimo, con paciencia e boa actitude superaremos esta crise sanitaria.

UN CONTO PARA LER EN FAMILIA

Ola familias hoxe vos deixo un conto sobre este becho que non nos deixa sair da casa, para poder lelo en familia!!

CORONAVIRUS NO ES UN PRÍNCIPE NI UNA PRINCESA

DESCARGA

BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

USAMOS RACIONALMENTE AS NOVAS TECONOLOXÍAS

Estes días que os nenos e nenas pasan todo o tempo na casa, sen poder sair, temos que ser responsables no uso de internet e as novas tecnoloxías.

Para navegar con seguridade na rede vos deixo un enlace que da pautas tanto para os rapaces coma para os pais e nais que espero vos sexa de utilidade:

NAVEGA CON RUMBO

 

De todos xeitos, lembrade a necesidade de establecer unhas rutinas na casa, nas que combinedes tarefas escolares, responsabilidades no fogar (facer a cama, recoller a habitación...), actividade física, xogos e actividades lúdicas e todos os días un pouquiño de lectura.

Ánimo que todo vai sair ben!!!

INCIATIVA ARCO IRIS

INICIATIVA ARCO IRIS

 É  unha iniciativa popular que nace baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira esta cuarentena.

Estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os nenos constrúan un arco da vella, sós ou con axuda, e que inclúa a frase "todo vai ir ben". Estes arcos da vella o colgarán das súas terrazas, fiestras e balcóns para que podan velo outros nenos e nenas e así sentirse todos mellor e acompañad@s.

AQUÍ vos deixo o enlace por si queredes poñelo en práctica.

Distribuir contido


by Dr. Radut