Skip to Content

Orientación

CRUZ VERMELLA TE ESCOITA

Desde a Cruz Vermella prestan apoio psicolóxico a aquelas persoas que sufren o impacto do Covid-19: persoas enfermas, en situación de estrés xerada polo propio confinamento ou polas incertidumes económicas, laborais ou emocionais que está xerando esta situación.

 O servizo préstase a través do teléfono 900107917 e funciona de luns a venres. A chamada é anónima e gratuita.

 

 

XOGOS DE MINDFULNESS

O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento.

 

Se vos sentides frustrados ou desacougados nestes días de encerro na casa, podedes probar a facer estes xogos de mindfulness

 

 

Clicade sobre o  ENLACE  e poderedes experimentar os beneficios de ter unha mente en calma.

 

 

Poderedes ver distintas actividades para traballar as seguintes habilidades:

 

  • Concentración.

  • Acougarse.

  • Darse conta.

  • Redefinir

  • Mostrar interese.

  • Conectar.

 

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN

Ola a tod@s!

Nesta situación tan complicada nas que pode xurdir tensións na casa, a ben seguro nos virán ben unhas técnicas para relaxarnos en familia.

Que  faremos?   Realizaremos  unha  sesión  aplicando  a   Técnica  de  Koeppen,  porque  os  exercicios  son   divertidos  e  moi  doados  de  facer.  Está  baseada   na  tensión  e  distensión  dos  diferentes  grupos   musculares. 
     
Para  que?   A  ansiedade,  o  estrés,  o  medo…  poden  ser  habituais  agora  mesmo,  algúns  rapaces   e  rapazas  os  manifestan  e  outros  non.  Para  romper  coa  tensión  de  todo  o  día.    

Cando  o  faremos?   Sería bo que  o  fagades  pola  noite,  antes  de  ir  para  cama.      

Con  quen?   Nos  permitirá  compartir  un  momento  en  familia.  En  ningún  caso  debe  resultar  unha   tarefa  aburrida.     

Onde?   En  calquera  sitio  no  se  que  se  poidan  tombar  comodamente.  Podedes  poñer  unha   música  de  fondo  suave  e  relaxante.    

Como?  Cos exercicios que contén a páxina e que deben repetirse tres veces. Mans e brazos coa técnica do limón. Brazos e ombreiros coa técnica do gato. Ombreiros e pescozo coa técnica da tartaruga.

Animádevos e disfrutade da experiencia no seguinte enlace

RELAXACIÓN KOEPPEN!!


  

LECTURAS COMPRENSIVAS

BO DÍA A TODOS E TODAS! HOXE DEIXO UN ENLACE PARA FACER LECTURAS INTERACTIVAS CON ACTIVIDADES MOI FÁCILES EN DOUS NIVEIS: PARA OS MÁIS PEQUENOS E LECTURAS MÁIS EXTENSAS PARA OS MAIORES.

LECTURAS COMPRENSIVAS

POR QUE APLAUDIMOS DESDE O BALCÓN

TODOS OS DÍAS ÁS 20:00 HORAS APLAUDIMOS DESDE O BALCÓN

PREME NO ENLACE E SABERÁS POR QUE. 

 

VOLTA AO TRABALLO

Bo día a todas e todos! Despois duns días de descanso polas vacacións de Semana Santa cómpre volver a rutina e a retomar as tarefas escolares.

 

Non esquezades que é moi útil facer un horario semanal coma o do colexio, que podería ser asi:

9-10 horas: erguerse, lavarse, vestirse, almorzar

10-11h: axuda na casa (facer a cama, recoller a roupa, a habitación...)

11-12 h: traballos escolares

12-12:30: un pouquiño de actividade física

12:30-13:30: rematar as tarefas escolares, manualidades, lectura...

Despois tedes a tarde para xogar, facer máis exercicio, ler, escoitar música...

É importante instaurar rutinas, nas que se inclúa o traballo académico, para que non perdades o ritmo e vos sexa máis fácil a volta ao colexio. Tamén podedes aproveitar estes días para que a familia faga plans dentro da súa casa,exemplo: manualidades, nas que poñan en práctica a vosa creatividade e imaxinación, xogos de mesa, receitas de cociña... E cando sexan as oito da tarde saír ás fiestras para dar as grazas a todas as persoas que nos coidan: médicos, enfermeiras, policía, limpadores, traballadores de supermercado...

 

Hoxe, desde este blog, tamén quero dar as grazas os voluntari@s de Cáritas e do Concello porque van levar as tarefas escolares aos nenos e nenas que non teñen internet, para que non perdan o ritmo das clase e podan repasar coma tod@s. E tamén agradecer o traballo das titoras que aportaron todo este material tan necesario.

Entre todos e todas imos saír desta situación moito máis fortalecid@s. Así que a seguir traballando.

 

Finalmente, para calquera dúbida ou axuda que precisedes do Departamento de Orientación contactade con nós no correo: orientacionarealonga@gmail.com

 

XOGOS PARA PRIMARIA

Bo día a todos e todas! Así coma onte vos deixei uns enlaces para xogos online para Educación Infantil, hoxe vos deixo xogos educativos para os cursos de Educación Primaria que inclúen xogos de linguaxe, artísticos, matemáticos, de ciencias...

 

Picade en cada curso e teredes acceso aos diferentes xogos:

Para os alumnos/as de 6º de Primaria deixo o enlace a páxina xeral para que el@s busquen o que máis lle gusta COKITOS

 

XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Ola a tod@s! Como seguimos de vacacións hoxe deixo xogos online para os máis pequechos e pequechas da familia.

 

Nesta páxina atoparedes xogos de linguaxe, de números, sensoriais, artísticos, de ciencias...

 

Pinchade en COKITOS  e disfrutade xogango.

E como sempre COIDÁDEVOS MOITO E QUEDADE NA CASA!!

XOGOS EDUCATIVOS

 

Ola a tod@s! Como estes días estamos de vacacións, podemos facer diferentes xogos . Na páxina Arbol ABC.com tedes multitude de xogos interactivos que inclúen crebacabezas, adiviñas, trabalinguas, xogos matemáticos, cancións, xogos mentais... Os xogos organízanse en tres tramos de idade: de 3 a 5 anos, de 5 a 7 anos e de 7 a 10 anos.

 

Espero que vos gusten moito e lembrade COIDÁDEVOS MOITO E QUEDADE NA CASA!!

 

ARBOL ABC.com

TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

BO DÍA! QUE VOS PARECE QUE COMO TEMOS QUE QUEDAR NA CASA APROVEITEMOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS, PORQUE SE APRENDEMOS A RECOÑECER COMO NOS SENTIMOS E CONTROLAMOS EMOCIÓNS COMA O MEDO OU A INSEGURIDADE, PODE SER MÁIS FÁCIL SUPERAR ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO E MELLORAR A CONVIVENCIA NO FOGAR.

VOS DEIXO ESTE ENLACE DE AULAS GALEGAS QUE PODE APORTAR IDEAS DE ACTIVIDADES, XOGOS E LECTURAS SOBRE AS EMOCIÒNS QUE ESPERO SEXA ÚTIL. COIDÁDEVOS MOITO!!

Distribuir contido


by Dr. Radut