Skip to Content

6º Curso

CIBEREXPERT@S

PROGRAMA CIBEREXPERTOS/AS

Rematan as charlas da Policía Nacional para o alumnado de 6º de Educación primaria, impartidas polo Inspector Suárez, sobre o uso seguro de internet e as redes sosiais. Esperemos que os rapaces e rapazas se conciencieran de facer un uso seguro e responsable destas novas tecnoloxías.

Recordade que na páxina is4k.es (internet segura for kids) tedes materiais para familias e nenos/as sobre este tema que podedes descargar e consultar, e que o INCIBE ten o teléfono 017 que resolverá as vosas dúbidas sobre ciberseguridade.

PASAMOS Á E.S.O

Cando remate este curso os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria acabades a vosa etapa educativa no colexio e pasades ao instituto.

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre elaborou un documento informativo para o alumnado e as familias de 6º de Educación Primaria, co obxecto de facilitarvos tanto a transición entre as dúas etapas coma o propio proceso de matrícula que se realizará no mes de xullo. O horario do IES Castro Alobre, as materias que se imparten, os cambios máis relevantes que se producen dunha etapa á outra... son datos que podedes consultar nos seguintes enlace: Por fin a ESO!! e Alumnado que accece a 1º da ESO

EMPATIZA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria están a participar nuns obradoiros de habiidades sociais desenvolvidos polo Educador Social Ramón Molina, grazas a colaboración da área de Servizos Sociais do concello de Vilagarcía.

Habilidades sociais coma a asertividade,a escoita activa ou a empatía axudarannos a saber afrontar os conflitos de maneira pacífica, a través do diálogo, cara a conseguir unha mellora da convivencia escolar no noso centro.

25-N

OS NENOS E NENAS DE SEXTO

EN CONTRA DA VIOLENCIA

CONTRA AS MULLERES:

MANIFESTO "NON É NON"

CIBEREXPERT@S

Comezaron hoxe, 9 de novembro, as charlas de Ciberexpertos/as para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

Grazas a colaboración da Policía Nacional, en concreto do Inspector Suárez, podemos aprender a movernos con seguridade por internet e nas redes sociais, algo moi importante nestes tempos nos que pasamos moito tempo xogando e aprendendo mediante as novas tecnoloxías.

A través destas charlas visualizaremos os riscos que poden conlevar as redes e aprenderemos a facer un uso responsable e seguro de internet.

PARA OS ALUMN@S DE 6º QUE EMPEZADES A ESO

Ao finalizar 6º de Educación Primaria os nenos e nenas tedes que ir tomando unha serie de decisións sobre optativas que van determinar o voso itinerario académico persoal.

O Departamento de Orientación do IES Castro Alobre, co obxecto de ofrecer axuda na elección e na toma de decisións relativas á oferta educativa do centro, quere facer chegar a familias e alumnado de nova incoporación, unha breve guía na que atoparán información sobre as diferentes alternativas formativas en 1º curso da ESO neste instituto.

Podedes acceder a elas no arquivo adxunto ou ver a presentación GENIALLY que elaborou este Departamento de Orientación.

GENIALLY POR FIN A ESO!

  IES CASTRO ALOBRE

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA NO INSTITUTO

BO DÍA A TODOS E TODAS!!

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES CASTRO ALOBRE DEIXAVOS UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA QUE VAIADES COÑECENDO ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DO INSTITUTO, PORQUE XA QUEDA POUCO TEMPO PARA QUE OS RAPACES DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA INICIEDES A NOVA ETAPA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.

ABRIDE O ADXUNTO E LEDE CON ATENCIÓN A INFORMACIÓN!!

Celebración da Semana das Letras Galegas

O domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.

O autor homenaxeado este ano 2020 é Ricardo Carvalho Calero.

Dende o luns 11 ata o venres 15 de maio conmemoraremos no colexio a Semana das Letras Galegas.

Para iso recomendamos a páxina: http://seminariogalan.org/

Nesa web podedes atopar actividades en liña, ademais do material para imprimir que nós vos facilitamos nos documentos adxuntos.

Un saúdo.

Moito ánimo!

MÚSICA

EDUCACIÓN MUSICAL

Estimados alumn@s de 6º:

No olvidéis visitar, dentro de ACTIVIDADES, el apartado de Aula de Música. Aunque nos vamos a comunicar principalmente por Edixgal, por aquí pondré también alguna propuesta de actividad que puede servir para cualquier curso. Un beso muy grande para tod@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut