Skip to Content

Orientación

PREPARANDO O 25-N

O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACUDIU AO AUDITORIO PARA PARTICIPAR NUN ACTO REINVINDICATIVO CONXUNTO CON TODOS OS CENTROS DE VILAGARCÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, PROMOVIDO POLO CIM DO CONCELLO.

PREPARANDO O 25-N

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL PREPARAN O 25-N CUNHA FERMOSA PANCARTA NA QUE REINVINDICAN O BO TRATO: REGÁLOCHE UN BICO E NON A VIOLENCIA QUE CONTÉN UN PUÑETAZO.

GRANDES ARTISTAS!!!

 

O BO TRATO

Coa maxia das emocións xogamos a crear pócimas do BO TRATO!!

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

O ALUMNADO DE QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NOS OBRADOIROS "EMPATIZA", NOS QUE APRENDERON FORMAS DE RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS.

ESTA ACTIVIDADE FOI DESENVOLVIDA POR UN EDUCADOR SOCIAL GRAZAS Á COLABORACIÓN DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA.

SAUDE, CONVIVENCIA E NOVAS TECNOLOXIAS: ANTONIO RIAL BOUBETA

Invitamos a a toda a comunidade educativa a participar neste importante evento,a cargo do Catedrático da universidade de Santiago de Compostela

Antonio Rial Boubeta,

que terá lugar o vindeiro:

martes 24 de outubro

de 18:00 a 20:00

na sala de audiovisuais do CEIP Arealonga.

Tecnoloxía , saúde e convivencia

 

OBRADOIRO FAMILIAS

O VINDEIRO MARTES,24 DE OUTUBRO, DESENVOLVEREMOS NO CENTRO UN OBRADOIRO SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS, SAÚDE E CONVIVENCIA COA COLABORACIÓN DO DOUTOR EN PSICOLOXÍA SOCIAL E PROFESOR DA USC, ANTONIO RIAL BOUBETA, NO QUE REFLEXIONAREMOS SOBRE ALGÚNS DESTES TEMAS:

-O uso intensivo da tecnoloxía é capaz de cambiar ás emocións e os hábitos de vida dun rapaz, do mesmo xeito que é capaz de mudar tamén a propia química do seu cerebro.

-Internet e as redes socias pasaron a ser a gran “Lámpada de Aladino” dos novos tempos. A través dun simple móbil un neno pode acceder de maneira inmediata a entretenimento, diversión, compañía, comprensión, amizade, placer, sexo… todo na palma da man. É inxenuo pensar que un neno de 12 anos vai durmir co móvil na habitación e non frotar esa lámpada maravillosa. A responsabilidade témola que exercer nós

-O importante da Internet non é só o que se fai, senon o que se deixa de facer

Podedes consultar toda a información no adxunto e esperamos a vosa asistencia posto que é un tema moi importante para toda a comunidade educativa: familias e profesorado

XORNADAS TDAH

A ASOCIACIÓN TDAH SALNÉS VAI ORGANIZAR UNHAS NOVAS XORNADAS, O 21 DE OUTUBRO, PARA A FORMACIÓN E INTERCAMBIO DE EXPERIECIAS DE PROFESIONAIS ESPECIALISTAS EN TDAH. TEDES TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE

https://tdahsalnes.wordpress.com/vii-xornadas-do-tdah-2/

USO DE PANTALLAS

A Asociación Española de Pediatría vén de publicar unha serie de recomendacións sobre o uso de pantallas e dispositivos móbiles e ferramentas para elaborar un plan dixital familiar.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2023/24

 Neste curso o Departamento de Orientación, coordinado pola Orientadora, está composto por dúas mestras de Pedagoxía terpéutica (unha delas itinerante) e dúas mestras especialistas de Audición e Linguaxe, e ao longo do mesmo temos a finalidade de acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional, o desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas.

A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes tanto no correo orientacionarealonga@gmail.com como  a través do teléfono do centro.

Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

 

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola.

Estimulade desde a casa todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s. E ao longo de todo o curso mantede unha comunicación constante cos profesores ante calquera dúbida para garantir un desenvolvemento integral dos vosos fillos e fillas.

 

 

BECAS NEAE

ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR BECAS PARA O ALUMNADO NEAE, QUE ESTE CURSO INCLÚE UN SUBSIDIO DE 400 EUROS.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN EXTÉNDESE DO 8 DE MAIO AO 20 DE SETEMBRO DE 2023

TEÑEN A  INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA NO ENLACE BECAS NEAE E NO ADXUNTO PODEDES ACCEDER Á MESMA.

LEMBREN QUE TEÑEN QUE CUBRIR A SOLICITUDE NA PÁXINA 

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886

E PRESENTALA NO CENTRO CON TODA A DOCUMENTACIÓN REQUERIDA (CON CITA PREVIA NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA  A SÚA REVISIÓN)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut