Skip to Content

Orientación

XOGAMOS AO TRIVIAL?

HOXE VOS DEIXO UN ENLACE A UNHA PÁXINA TESTEANDO.ES ONDE PODEDES FACER XOGOS DE TRIVIAL POR NIVEIS EDUCATIVOS (DESDE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA ATA 6º) E EN DIFERENTES ÁREAS (LINGUA, MATEMÁTICAS, CIENCIAS SOCIAIS E NATURAIS, INGLÉS...)

PODE SER UNHA BOA ESTRATEXIA PARA REPASAR CONTIDOS DE FORMA DIVERTIDA. ANIMÁDEVOS A REALIZAR ALGÚN DESTES TEST!!

BOAS PRÁCTICAS PARA SAÍR Á RÚA

OLA A TODOS E TODAS!

ONTE POR FÍN OS NENOS E NEAS PUIDERON SAÍR Á RÚA A DISFRUTAR DO AIRE LIBRE E DA ACTIVIDADE FÍSICA.

TEMOS QUE SER RESPONSABLES, ASÍ QUE VOS DEIXO AS RECOMENDACIÓNS DO GOBERNO PARA REALIZAR ESTAS SAÍDAS.

SE CUMPLIMOS TOD@S AS NORMAS ESTABLECIDAS, PODEREMOS POUCO A POUCO VOLVER Á NORMALIDADE!!!

ENLACE DE RECOMENDACIÓNS PARA AS SAÍDAS DOS NENOS E NENAS

UN CONTO SOBRE O DESCONFINAMENTO

Bo día a todos e todas!!

 

Neste ENLACE vos deixo hoxe un conto para explicar aos nenos e nenas como temos que realizar eses primeiros paseos pola rúa, dos que poderán disfrutar a partir de mañá domingo.

Tamén vos deixo a publicación do B.O.E onde se explicitan todas as condicións destas saídas.

Ánimo e sexamos tod@s responsables!!

 

 

 

 

 

GRUÍA RÁPIDA PARA A SAÍDA DOS NENOS E NENAS

Deixo no seguinte enlace  unhas recomendacións que elaborou a psicóloga Sabina Serrano para a saída dos nen@s durante o confinamento.

É moi clara e vos pode axudar aos pais/nais/titores a xestionar estas saídas.

Coidádevos moito e ánimo!!

 

SAÍDA DOS NENOS/AS Á RÚA

 

RECOMENDACIÓNS PARA A SAÍDA Á RUA DOS NENOS/AS A PARTIR DO DOMINGO 26

 

QUEN PODE SAÍR?

 

NENOS E NENAS DE ATA 14 ANOS

 

CUNHA PERSOA ADULTA RESPONSABLE, QUE PODERÁ ACOMPAÑAR ATA 3 NENOS/AS

 

HORARIO

 

DE 9 DA MAÑÁ A 9 DA NOITE

 

DARLLE INFORMACIÓN CLARA

 

DO QUE SI PODEMOS FACER:

 

-      SI PODEMOS DESPRAZARNOS ATA UN KILÓMETRO DA CASA

 

-      SI PODEMOS LEVAR XOGUETES, CORRER, SALTAR

 

-      SI PODEMOS RESPIRAR FONDO, FACER EXERCICIO...

 

-      É RECOMENDABLE LEVAR LUVAS, TOALLIÑAS, XEL HIDROALCÓLICO

 

TRANSMITIR CONFIANZA E SEGURIDADE

 

A ACTITUDE DAS PEROAS ADULTAS É FUNDAMENTAL PARA TRANSMITIR CONFIANZA E TRANQUILIDADE NAS SAÍDAS. A NOSA VOZ, OS XESTOS... SE TRANSMITEN PREOCUPACIÓN, PODEN XERAR NOS NENOS/AS INSEGURIDADE.

 

HAI QUE VALORAR AS NECESIDADES DO NEN@ (IDADE, CARÁCTER...) PARA PLANIFICAR AS SAÍDAS E SEMPRE RESPECTAR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE ESTABLECIDAS (DISTANCIAMENTO SOCIAL, NON UTILIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS COMO PARQUES...)

 

O OBXECTIVO DAS SAÍDAS É DISFRUTAR DO AIRE LIBRE, NON PODEMOS POÑER EN RISCO A SAÚDE DOS NEN@S E DE TOD@S!!!

 

 

 

MÁIS LECTURAS

PARA SEGUIR COA CONMEMORACIÓN DO DÍA LIBRO, ESTE DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PROPÓN UNHA SERIE DE LECTURAS QUE DESCUBREN A IMPORTANCIA DA DIVERSIDADE CON LIBROS E CONTOS QUE NOS FALAN DA INCLUSIÓN, A ACEPTACIÓN DAS DIFERENZAS.

É UNHA PROPOSTA DA FUNDACIÓN ONCE. SE PICADES NO ENLACE PODEREDES DISFRUTAR DE CONTOS VARIADOS QUE AFRONTAN A VALORACIÓN DA DIVERSIDADE.

ANIMÁDEVOS A LER ALGÚNS!!

DÍA DO LIBRO

OLA  a tod@s!

Hoxe día do Libro vos propoño ler ou escoitar un conto " FREDERICK", de Leo Lionni    e logo facer unha pequena actividade en familia, para pasar un bo rato e disfrutar da convivencia na casa.

 

QUEN É FREDERIK?

 

Frederick é un álbum ilustrado do escritor holandés Leo Lionni, publicado pola Editorial Kalandraka, no que se conta a historia dun rato diferente. É unha fábula que pon en valor o traballo de escritores e escritoras, actores e actrices e músicos e músicas que tanto nos están a acompañar nestes días de confinamento. Este particular rato de campo, cando todos están a gardar provisións para o frío inverno, recolle cores, palabras, raios de sol… Frederick é sobre todo un  poeta!

 

 

 

QUERES SER COMO EL?

 

Para conseguilo, só tes que seguir estas instrucións:

 

1. Colle un tubo de cartón como os do papel hixiénico ou de papel de cociña  e convérteo nun “MURMURADOR DE POESÍA”. Podes pintalo e decoralo ao teu gusto.

 

2. Elixe un fermoso poema dalgún libro que teñas na casa ou un fragmento dun conto ou libro que che  guste e que desexes compartir cos teus.
– Pide á túa familia que  sente en círculo e achégate por atrás co teu murmurador a recitarlles ese poema no oído. Le lentamente, moi baixiño, murmurando…

 

CONSEGUIDO!!

 

Así é como te poderás converter nun Frederick dos nosos días, é dicir, nun creador ou creadora de palabras bonitas, alegrando estes días de corentena na casa.

DÍA DA TERRA

Hoxe, 22 de abril de 2020,  como todos os anos dende 1970, celébrase o Día da Terra!

 Anímaste a celebralo dende a casa? Deixovos varias propostas  (pica no enlace anterior)para que, sen saíres da casa, poidas facelo!

AS EMOCIÓNS

Bo día a todas e todos!

Hoxe vos propoñer ler o escoitar o conto do "Monstruo das cores" para coñecer as diferentes emocións e saber como xestionalas.

Se pinchades no ENLACE poderedes visionalo en youtube.

A partir do libro ou do conto podedes traballar as emocións e as cores de todas as formas que se vos ocurran. Deixo varios recursos para poñer nome a cada emoción, actividades propostas na páxina anallenas. 

- Recurso 1: botes para ordenar e clasificar as emocións por cores

- Recurso 2 e Recurso 3: plantillas para colorear o monstruo de cores segundo como se sinte

- Recurso 4: máscaras de emocións recortables do Monstruo das cores.

 

 

OCA NA CASA

OLA A TODOS E TODAS! DESPOIS DUN LARGO DÍA QUE VOS PARECE SE XOGADES A OCA EN FAMILIA?

ESTA NON É UNHA OCA NORMAL, SE NON QUE ESTÁ ADAPTADA PARA APRENDER ALGO DE MATEMÁTICAS, DE INGLÉS, DE LINGUA OU PARA FACER EXERCICIO.

É UNHA PROPOSTA LÚDICA DE AULAS GALEGAS.

SE PICADES NO ENLACE OCA AZUL PODEREDES DESCARGALA E XOGAR EN FAMILIA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut