Skip to Content

Orientación

LIBERANDO EMOCIÓNS

HOXE DEIXO UN CONTO MOI BONITO "LÁGRIMAS BAJO LA CAMA" (ANA MEILÁN) QUE VOS AXUDARÁ A DESCUBRIR A IMPORTANCIA DE ESCOITAR AS NOSAS EMOCIÓNS. 

QUE CANDO NOS SINTAMOS TRISTES E PRECISEMOS CHORAR, NOS SINTAMOS ACOLLIDOS NA NOSA NECESIDADE EMOCIONAL. PARA QUE ENTENDAMOS QUE O CHORO É UN MEDIO DE EXPRESIÓN, UNHA FORMA DE ACERCARNOS AOS DEMAIS E DE FACERNOS SENTIR MELLOR.

O PROTAGONISTA DESTE CONTO, SIMÓN, ERA UN NENO QUE CHORABA POR TODO E PARA NON SUFRIR DECIDE OCULTAR AS SÚAS EMOCIÓNS E OS SEUS PRANTOS O QUE FARÁ QUE SEXA AÍNDA MÁIS INFELIZ...

ESCOITADE O CONTO NO ENLACE E LOGO PODEDES FACER UN DADO DAS EMOCIÓNS, COLOREAR AS BÁGOAS DE SIMÓN OU A PORTADA DO LIBRO. (ARQUIVOS ADXUNTOS)

LÁGRIMAS BAJO LA CAMA

 

 

10 TAREFAS DE RUTINA DIARIA

UNICEF PROPÓN ABORDAR A EDUCACIÓN DOS NENOS E NENAS NA CASA, ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO, COMO UNHA OPORTUNIDADE PARA CONTAR COA OPINIÓN, COMPROMISO E RESPONSABILIDADE DOS RAPACES.

PARTE DUN LISTADO DE TAREFAS A REALIZAR TODOS OS DÍAS (LER, ESTUDAR, FALAR COS AMIG@S, EXERCICIO, TAREFAS DOMÉSTICAS...) E ARRANCAR CADA DÍA CUNHA ASAMBLEA FAMILIAR PARA FIXAR OBXECTIVOS DO DÍA E REVISAR O QUE SE FIXO O DÍA ANTERIOR.

DEIXO NESTE ENLACE O ARTIGO "EDUCACIÓN CONTRA EL CORONAVIRUS: 10 TAREAS DE LA RUTINA DIARIA" PARA QUE LLE BOTEDES UNHA OLLADA POR SI VOS RESULTA ÚTIL NA XESTIÓN DIARIA DA EDUCACIÓN NA CASA.

O TARRO DAS BOAS NOTICIAS

PARA TRABALLAR O BENESTAR EMOCIONAL DE TODA A FAMILIA UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA É CREAR UN TARRO DE BOAS NOTICIAS: ELIXE UN TARRO DE CRISTAL, DECÓRAO COS TEUS FILL@S E COLÓCAO NUN LUGAR ACCESIBLE PARA TOD@S. XUNTO O TARRO PON PEDACIÑOS DE PAPEL ONDE PODADES ESCRIBIR OU DEBUXAR ALGO POSITIVO QUE VOS PASARA. CANDO TEÑADES ALGO POSITIVO O METEDES NO TARRRO. SE NALGÚN MOMENTO O TEU FILLO OU FILLA SE ATOPA TRISTE OU ENFADADO, PODEMOS ACUDIR AO TARRO E RECORDAR A CANTIDADE DE COUSAS BOAS QUE NOS PASARON.

 

 

SEGURIDADE NA REDE

OLA A TOD@S!! XA QUE PASAMOS MOITO TEMPO USANDO O ORDENADOR, AS TABLETS, OS MÓBILES... CREO QUE DEBERIAMOS TER EN CONTA UNHAS MEDIDAS DE SEGURIDADE BÁSICAS.

DEIXO ENLACE A DÚAS PRESENTACIÓNS REALIZADAS POLO INCIBE POR IDADES, A PRIMEIRA ESTÁ DIRIXIDA A ALUMNADO DE 5 AO 8 ANOS, E A SEGUNDA PARA RAPACES DE 9 A 13 ANOS, QUE PRETENDE AXUDARNOS A FACER UN USO RESPONSABLE E SEGURO DE INTERNET.

MIRADE ESTAS PRESENTACIÓNS COS VOSOS FILL@S E FALADE CON ELES DE COMO USAN AS NOVAS TECNOLOXÍAS E QUE MEDIDAS DE SEGURIDADE RESPECTAN.

- PRESENTACIÓN DE 5 A 8 ANOS

-PRESENTACIÓN DE 9 A 13 ANOS

 

 

 

DÍA DOS NEN@S HOSPITALIZADOS

HOXE 13 DE MAIO CELÉBRASE O DÍA DOS NENOS E NENAS HOSPITALIZADOS. OS QUE ESTIVECHES ALGUNHA VEZ INGRESADOS NUN HOSPITAL SABEDES O DURO QUE É, E O BEN QUE SENTAN O AGARIMO E OS BICOS DAS PERSOAS QUE NOS QUEREN.

LANZADE BICOS A TODOS OS NENOS E NENAS QUE ESTÁN AGORA MESMO NOS HOSPITAIS!!

E PODEDES VISUALIZAR O VÍDEO "UN MAR DE BESOS"

 

SOLUCIONAR OS CONFLITOS NA CASA

VAN SUMÁNDOSE DÍAS E É NORMAL QUE EN CASA XURDAN CONFLITOS PORQUE OS NEN@S NON QUEREN FACER AS TAREFAS, PORQUE ÁS VECES HAI QUE COMPARTIR ESPAZOS E TEMPOS DE TRABALLO, PORQUE MANIFESTAMOS ANSIEDADE E ESTRÉS DESPOIS DE TANTOS DÍAS DE CONFINAMENTO... 

OS PAIS E NAIS DEBEDES RECORDAR QUE SODES  MODELOS A SEGUIR. NON DEBEREDES PRESTAR ATENCION AO COMPORTAMENTO INADECUADO CANDO O NENO/A  ESTÁ FACENDOO PARA CHAMAR A VOSA ATENCIÓN (FACER COMA SE ESTIVERADES OCUPADOS NOUTRA COUSA, SAÍR DA HABITACIÓN...) E REFORZAR AQUELAS CONDUTAS QUE SON DESEXABLES CON ELOXIOS E RECOMPENSAS.

DEIXO NESTE ENLACE  UN VÍDEO QUE APORTA 7 CONSELLOS PARA AFRONTAR ESTAS SITUACIÓNS DIFÍCILES.

E PARA OS RAPACES UNHA CURTAMETRAXE "EL PUENTE" SOBRE A SOLUCIÓN DE CONFLITOS, PARA QUE A VISUALICEN E REFLEXIONEN SOBRE ELA

ÁNIMO PAIS E NAIS E GRAZAS POLA  LABOR EDUCATIVA QUE ESTADES A DESENVOLVER COS VOSOS FILLOS/AS!!

 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN INFANTIL

A linguaxe é o medio fundamental da comunicación entre persoas, o que vai permitir aos nenos/as expresarse, comunicarse e comprender o medio que os rodea. A etapa de educación infantil é fundamental para o desenvolvemento dunha linguaxe eficaz.

A continuación inclúo unha serie de vídeos da Eugenia Romero baseados na estimulación da linguaxe oral dos nenos/as pequenos para aprender a articular as súas primeiras palabras relacionadas cos animais, os transportes, as cores, os sinfóns e as onomatopeias.

-RECOPILATORIO DE ONOMATOPEYAS

-LOS COLORES

-LOS TRANSPORTES

-REPETIMOS PALABRAS

Se queredes máis recursos podedes atopalos na web de Audición e Linguaxe de Eugenia Romero.

 

 

 

 

 

 

 

COMPRENSIÓN LECTORA

A comprensión lectora é fundamental para afrontar con éxito as aprendizaxes, polo tanto é moi importante traballar esta competencia.

 

Deixo aquí enlaces a textos de comprensión lectora interactivos, elaborados polo CEIP Loreto por niveis educativos, e se preferides podedes descargar os adxuntos para imprimilos e traballalos en papel.

COMEZAMOS UNHA NOVA ETAPA NO INSTITUTO

BO DÍA A TODOS E TODAS!!

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES CASTRO ALOBRE DEIXAVOS UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA QUE VAIADES COÑECENDO ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DO INSTITUTO, PORQUE XA QUEDA POUCO TEMPO PARA QUE OS RAPACES DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA INICIEDES A NOVA ETAPA DE EDUCACIÓN SECUNDARIA.

ABRIDE O ADXUNTO E LEDE CON ATENCIÓN A INFORMACIÓN!!

XOGOS DE LINGUAXE

COMO ESTAMOS EN FIN DE SEMANA E É TEMPO DE XOGAR E DISFRUTAR DO TEMPO DE LECER, DEIXO ENLACE A UNHA OCA ORTOGRÁFICA PARA OS NENOS E NENAS MÁIS PEQUENOS QUE TEÑAN DIFICULTADES COA ORTOGRAFÍA E DOUS TABLEIROS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA A TRAVÉS DE TARXETAS PARA LER NA CASA E BUSCAR A INFORMACIÓN.

PICADE NOS ENLACES E ACCEDEREDES AOS RECURSOS:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut