Skip to Content

Orientación

RAZOAMENTO LÓXICO

SE QUEREDES MELLORAR O VOSO RAZOAMENTO LÓXICO, O QUE VOS AXUDARÁ NAS APRENDIZAXES MATEMÁTICAS, CON XOGOS INTERACTIVOS COMO SUDOKU, TRIÁNGULOS MÁXICOS, CÁLCULO MENTAL, PIRÁMIDES NUMÉRICAS... DEIXO ENLACE A UN XOGO INTERACTIVO NTIC ONDE PODEREDES PRACTICAR 

MATERIAIS EDUCATIVOS RAZOAMENTO LÓXICO

 

 

 

APRENDER A ESTUDAR

UNHAS BOAS TÉCNICAS DE ESTUDO FAVORECEN AS APRENDIZAXES  E QUE OS TEMPOS ADICADOS AO ESTUDO SEXAN REALMENTE EFECTIVOS.

HOXE DEIXO UN FOLLETO ELABORADO POR JESÚS JARQUE PARA AXUDAR AS FAMILIAS NA ORGANIZACIÓN DOS ESTUDOS DOS SEUS FILLOS/AS.

ADEMAIS NOS SEGUINTES ENLACES ATOPAREDES VÍDEOS MOI SINXELOS SOBRE COMO REALIZAR RESUMOS, ESQUEMAS...

- COMO APRENDER A ESTUDIAR

- COMO UTILIZAR REGRAS MNEMOTÉCNICAS

- COMO HACER RESÚMENES

- COMO HACER ESQUEMAS

- EL SUBRAYADO

 

ADEMAIS PARA OS ALUMNOS/AS DE 5º E 6º DE PRIMARIA O MINISTERIO DE EDUCACIÓN ELABOROU UN PROGRAMA EDUCATIVO QUE AXUDA AOS RAPACES A EMPREGAR ESTAS TÉCNICAS DE ESTUDO DE XEITO LÚDICO.

PODEDES ENTRAR NO ENLACE  APRENDER A ESTUDAR ESTE XOGO ORGANÍZASE EN PAPIROS QUE OS NENOS/AS PODEN DESPREGAR E XOGAR ENTRANDO EN CONSELLOS XERAIS PARA O ESTUDO, FACER ESQUEMAS, RESUMOS... DEIXO TAMÉN NO ARQUIVO ADXUNTO A GUÍA PARA UTILIZAR ESTE PROGRAMA.

 

 

MAUALIDADES PARA NENOS/AS

COMO É FIN DE SEMANA E TEMOS MÁIS TEMPO LIBRE PARA FACER COUSAS QUE NOS GUSTAN DEIXO UNHA PROPOSTA DE 365 MANUALIDADES PARA NENOS/AS, POR SI VOS ANIMADES A FACER ALGUNHA E PASAR UN BO RATO EN FAMILIA.

365 MANUALIDADES PARA PASALO EN GRANDE!

MOTIVACIÓN PARA APRENDER NA CASA

Os nenos e nenas levan moito tempo na casa aprendendo virtualmente desde o fogar o que fai que se desmotiven, aumenten as distraccións, diminúa a súa  capacidade de concentración. Se a isto engadimos que o curso está rematando, a calor que invita a sair, ir á praia e abandonar as rutinas diarias de estudo non é fácil que manteñan a autodisciplina e habilidades necesarias para continuar co estudo ata que finalice o curso escolar.

A UOC (Universitat Oberta de Catalunya) publicou un interesante artigo sobre como motivar aos nenos/as a aprender con estratexias como: horarios con tempo de lecer, fomentar a concentración dos fillos/as con espazos fixos, seguir as cinco "C" (contexto, creatividade, curiosidade, control e colaboración), fixar obxectivos pequenos e concretos, adaptarse ao neno/a...
No ENLACE DA UOC podedes descargar o artigo e reflexionar sobre a importancia de que os vosos fillos/as estean motivados para aprender.
Tamén deixo un vídeo moi curto de Jose Antonio Medina sobre cómo motivar aos nen@s a aprender.
 

 

 

HABILIDADES SOCIAIS

Somos seres sociais, polo que comunicarnos cos demais é algo necesario que nos permite sobrevivir, crecer, nutrirnos doutros puntos de vista e vivir con estabilidade emocional. Para iso, saber relacionarnos e dispor dunha serie de habilidades sociais é fundamental, porque na maioría das ocasións evitaremos malentendidos e conflitos.

 

A través do material  adxunto os peques poderán coñecer o tres estilos de relación que existen (agresivo, pasivo e asertivo) e así poderán identificar cal é o  seu estilo de relación e que consecuencias ten.

Ademais hai un xogo de tarxetas que plantexan situacións sociais que poden ocurrirlles no seu día a día. Terán que resolvelas en función do estilo de relación que lles toque. Animádevos e probar a xogar coas habilidades sociais!!

MEMORIA E ATENCIÓN

DE XEITO LÚDICO E ONLINE PODEMOS TRABALLAR A MEMORIA E ATENCIÓN-PERCEPCIÓN VISUAL, DEIXO AQUÍ DOUS ENLACES PARA FACELO NA CASA, XA QUE SON HABILIDADES COGNITIVAS QUE FAVORECEN AS APRENDIZAXES.

XOGOS DE MEMORIA

XOGOS DE ATENCIÓN E PERCEPCIÓN VISUAL

O VALOR DE SER UN MESMO

BO DÍA A TOD@S!!

COÑECERNOS A NÓS MESMOS, VALORAR AS NOSAS CAPACIDADES E LIMITACIÓNS, TER UNHA ADECUADA AUTOESTIMA SON FERRAMENTAS FUNDAMENTAIS PARA PROGRESAR NAS APRENDIZAXES ESCOLARES.

PARA  A REFLEXIÓN DEIXO UN VÍDEO TITULADO "EL VALOR DE SER UNO MISMO" ONDE SE AMOSA A NECESIDADE DE NON DEIXARNOS ARRASTRAR POR UN MUNDO RUTINARIO E GRIS. POLA CONTRA A ILUSIÓN, A CREATIVIADADE E A ENERXÍA DOS NENOS E NENAS PODEN AXUDARNOS A SUPERAR O DESENCANTO DESTA SOCIEDADE.

ACEPTARNOS TAL E COMO SOMOS É FUNDAMENTAL PARA O BENESTAR PERSOAL.

NO ADXUNTO TEDES UNHAS FICHAS PARA TRABALLAR A AUTOESTIMA DOS NENOS/AS E PARA AXUDALOS A QUE SE COÑECEN A SI MESM@S.

 

MÁIS SOBRE EMOCIÓNS

HOXE DEIXO  UN LIBRIÑO PARA RECOÑECER COMO NOS SENTIMOS ANTE SITUACIÓNS COTIÁNS: "QUE SIENTES?". 

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEDES DESCARGALO!!

E O ENLACE A UN VÍDEO PARA FACER OS NOSOS GLOBOS DAS EMOCIÓNS, UN XOGO E MANUALIDADE PARA IDENTIFICAR AS NOSAS EMOCIÓNS:

GLOBOS DE LAS EMOCIONES

AFRONTAR AS RABIETAS E ENFADOS

NA CONVIVENCIA FAMILIAR SON HABITUAIS AS RABIETAS E ENFADOS DOS NENOS E NENAS, QUE ALTERAN  A NORMAL RUTINA DIARIA.

PARA A XESTIÓN EMOCIONAL DOS ENFADOS VOS DEIXO UNHA RODA DO ENFADO QUE PRETENDE AXUDAR A XESTIÓN EMOCIONAL .

COMO SE UTILIZA?

-DEBEDES ENSINAR AOS VOSOS FILL@S A RODA E EXPLICARLLES QUE A DEIXAREMOS PEGADA NO FRIGORÍFICO,  OU NUN LUGAR VISIBLE, E QUE PODEN RECURRIR A ELA CANDO ESTEAN ENFADAD@S OU SINTAN QUE COMEZAN A ENFADARSE.

- DESPOIS, PREGUNTÁDELLES SE QUEREN CAMBIAR ALGUNHA DAS OPCIÓNS E A DEIXAREMOS NO LUGAR ESCOLLIDO.

- PACIENCIA: PORQUE ESTA NON É UNHA RECETIA MÁXICA, NIN FARÁ QUE SE ENFADEN MENOS, PERO TRATAREMOS DE QUE LLES AXUDE A XESTIONAR  E REGULAR AS SÚÁS EMOCIÓNS.

TAMEN PODEDES RECURRIR A CONSTRUIR UNHA CAIXA DA CALMA

EXERCICIOS PARA A ACTIVACIÓN DA INTELIXENCIA

Bo día a todas e todos!

Para comezar semana deixo unhas fichas de activación da intelixencia elaboradas pola editorial Santillana. Nos adxuntos tedes os exercicios a traballar en cada nivel educativo e que inclúen actividades que potencian as seguintes habilidades cognitivas:

- Atención.

- Memoria

- Orientación espacial e temporal

- Razoamento verbal e numérico

- Pensamento creativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut