Skip to Content

Orientación

PASATEMPOS DE VERÁN

NA PÁXINA EDUCATIVA DA JCYL (JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN), TEDES UNHA APLICACIÓN DIDÁCTICA MOI ENTRETIDA QUE CONTÉN DIFERENTES ACTIVIDADES E XOGOS: ILUSIÓNS ÓPTICAS, ORDENAR LETRAS, UNIR PUNTOS, SOPAS DE LETRAS, O BAUL DA AVOA, A FRASE DESORDENADA.

PICADE NO ENLACE A "ILLA DIVERTIDA" E PODEREDES DISFRUTAR DESTES PASATEMPOS

ADIVINA AS EMOCIÓNS

HOXE DEIXO UN RECURSO PARA TRABALLAR  AS EMOCIÓNS MÁIS COMPLEXAS.

- HAI QUE ADIVIÑAR AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DUNHAS PISTAS QUE APARECEN NAS TARXETAS

- PODEMOS ELEXIR UNHA EMOCIÓN  E PENSAR EN SITUACIÓNS NAS QUE NOS SENTIMOS ASÍ

- PODEMOS PLANTEXAR SITUACIÓNS DIFERENTES E QUE OS NENOS E NENAS EXPLIQUEN COMO SE SINTEN.

PARA DESCARGALO PICADE NO ENLACE "ADIVINA LAS EMOCIONES"

 

XESTIONAR OS MEDOS

CARMEN ESTEBAN, PSICÓLOGA INFANTIL, VEN DE ELABORAR UN CONTO PARA TRABALLAR O MEDO NOS NENOS E NENAS MÁIS PEQUENOS.

O MEDO É UNHA EMOCIÓN QUE NOS AXUDA A SOBREVIVIR, PERO ÁS VECES OS MEDOS IMPIDEN QUE OS NEN@S DURMAN SÓS OU SE BLOQUEEN ANTE DETERMINADAS SITUACIÓNS. A TRAVÉS DO CONTO " A TARTARUGA LOLA" APRENDERÁN COMO CONTROLAR ESTES MEDOS DE XEITO LÚDICO E DIVERTIDO. ADEMAIS PODE SER UN BO MOMENTO PARA FALAR EN FAMILIA SOBRE ESTA EMOCIÓN E COMO ABORDALA.

ANÍMOVOS A QUE PIQUEDES NO CONTO E NO XOGO " A TARTARUGA LOLA" E DISFRITUDES DESTE CONTO INFANTIL.

DESENVOLVEMENTO DAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

HOXE DEIXO ENLACE A SEIS CADERNOS PARA DESENVOLVER FUNCIÓNS EXECUTIVAS QUE SON FUNDAMENTAIS PARA A APRENDIZAXE, A TRAVÉS DELES TRABÁLLANSE A ATENCIÓN, PERCEPCIÓN, MEMORIA, RAZOAMENTO, COMPRENSIÓN E INCLÚEN ACTIVIDADES DE 1º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

- FUNCIÓNS EXECUTIVAS 1º EP

-FUNCIÓNS EXECUTIVAS 2º EP

-FUNCIÓNS EXECUTIVAS 3º EP

-FUNCIÓNS EXECUTIVAS 4º EP

-FUNCIÓNS EXECUTIVAS 5º EP

-FUNCIÓNS EXECUTIVAS 6º EP

 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

HOXE 5 DE XUÑO CELÉBRASE O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. DESPOIS DE ESTAR MOITOS DÍAS CONFINADOS NA CASA, VALORAMOS O PODER SAÍR Á NATUREZA E DISFRUTAR DELA.

MÁIS QUE NUNCA DEBEMOS INCULCAR NOS NOSOS PEQUECHOS/AS O AMOR POLA NATUREZA, O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE, A RECICLAXE E TODAS AQUELAS MEDIDAS QUE CONTRIBÚAN A EVITAR O CAMBIO CLIMÁTICO.

DESDE A EDITORIAL VICENS VIVES PROPOÑEN SEIS ACTIVIDADES QUE PODEMOS REALIZAR UN DÍA COMO HOXE PARA TRABALLAR VALORES COMO A SUSTENTABILIDADE, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE E O CONSUMO RESPONSABLE.

PODEDES VELAS NO BLOG VIVENSVIVES.COM

 

RAZOAMENTO MATEMÁTICO

A SOLUCIÓN DE PROBLEMAS MATEMÁTICOS É UNHA DAS TAREFAS ESCOLARES QUE RESULTAN MÁIS DIFÍCILES PARA OS NENOS E NENAS PORQUE REQUIREN PROCESOS COGNITIVOS VARIADOS: ATENCIÓN, LECTURA COMPRENSIVA, CAPACIDADE DE ANÁLISE E DEDUCCIÓN, RAZOAMENTO LÓXICO.

O CEIP LORETO TEN UNHA PÁXINA PARA REALIZAR PROBLEMAS MATEMÁTICOS DE XEITO INTERACTIVO, QUE INCLUE ACTIVIDADES DE 1º A 6º DE PRIMARIA, ADEMAIS DE DESAFÍOS MATEMÁTICOS E PROBLEMAS DIVERTIDOS PROTAGONIZADOS POR ANIMAIS.

SE PICADES NO ENLACE PROBLEMAS DE RAZOAMENTO LÓXICO PODEDES ACCEDER A ELES!

AUTOCONTROL E TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN

A CEAPA VEN DE ELABORAR UN CÓMIC PARA AXUDAR AOS PAIS/NAIS A XESTIONAR A TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN, A XESTIÓN DOS MEDOS E EXPECTATIVAS E A CONSEGUIR O AUTOCONTROL EMOCIONAL DOS SEUS FILLOS E FILLAS.

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES DESCARGALO E POÑER EN PRÁCTICA ALGUNHA DAS SÚAS PROPOSTAS.

DISCIPLINA POSITIVA

Para educar aos nenos e nenas é necesaria a disciplina. Os pequen@s necesitan saber o que poden e non poden facer. Aprender que son responsables do seus actos e que toda acción polo tanto ten unha consecuencia. A disciplina axúdalles a aprender fomas adecuadas de comportarse e actuar.

A disciplina positiva baséase no respecto e ten como obxectivo favorecer a maduración dos nenos e nenas, para que sexan adultos responsables, autónomos e  felices.

Se queredes ler máis sobre este tema deixo enlace a unha páxina de educapeques sobre disciplina educativa: 10 pautas para educar en disciplina positiva

 

Tamén podedes ver un vídeo explicativo sobre o tema no seguinte ENLACE

RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

NA PÁXINA EDUCANAVE ATOPAREDES XOGOS INTERACTIVOS PARA NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  ORGANIZADOS EN CATRO ÁREAS: 

- INGLÉS

- COÑECEMENTO DO MEDIO

-COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

-AUTONOMÍA PERSOAL

PODEDES PROBAR ALGÚNS DESES XOGOS COS VOSOS FILLOS/AS E APRENDER DE XEITO LÚDICO.

PICADE NO ENLACE EDUCANAVE

 

RAZOAMENTO LÓXICO

SE QUEREDES MELLORAR O VOSO RAZOAMENTO LÓXICO, O QUE VOS AXUDARÁ NAS APRENDIZAXES MATEMÁTICAS, CON XOGOS INTERACTIVOS COMO SUDOKU, TRIÁNGULOS MÁXICOS, CÁLCULO MENTAL, PIRÁMIDES NUMÉRICAS... DEIXO ENLACE A UN XOGO INTERACTIVO NTIC ONDE PODEREDES PRACTICAR 

MATERIAIS EDUCATIVOS RAZOAMENTO LÓXICO

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut