Xa levamos máis dun mes de curso e a volta á "nova normalidade", ao colexio, dos máis pequenos e pequenas ao mellor non foi o que esperaban, porque non poden estar cerca dalgún dos seus amigos/as, porque sinten medo ante o coronavirus...A escritora Begoña Ibarrola vén de publicar o libro: "Cuentos para una nueva realidad" , que é un recopilatorio de contos moi interesante para traballar as emocións que xurden nesta nova situación ( o medo ao contacto, as novas medidas de seguridade, o medo a estar lonxe de parte da familia..), para adquirir novos hábitos de hixiene ou para recoñecer todo o positivo que nos está proporcionando esta nova realidade, como o estar máis tempo en familia, a creatividade, etc
É unha lectura moi recomendable para facer en familia cos nenos e nenas máis pequenos e podedes atopala na Editorial Destino.