Skip to Content

Complementarias

DÍA DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON-VIOLENCIA

COMO CADA CURSO O 30 DE XANEIRO CONMEMORAMOS ESTA DATA E ESTE ANO TAN ESPECIAL QUIXEMOS CONTAXIARNOS DE PAZ E BOS DESEXOS CUN MURAL COLECTIVO CON MENCIÑAS CURATIVAS COMO O AGARIMO, A PACIENCIA, A EMPATÍA, A ILUSIÓN, O AMOR...GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

IGUALDADE

Hoxe, 11 de novembro, grazas a colaboración da Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía puidemos disfrutar no centro dun espectáculo narrativo-musical da compañía Rilo&Penadique titulado "O pozo das señoras", no que nos contaron tres contos galegos protagonizados por mulleres.

A todos os nenos e nenas gustoulles moito esta representación teatral que puidemos ver a través de youtube, porque a pesar da pandemia temos que seguir a disfrutar da cultura.

WEBS E APPS CON RECURSOS INTERESANTES PARA PASAR A CUARENTENA

  • Añadimos unha lista de páxinas webs e apps con diferentes recursos que podedes consultar:

http://aulasgalegas.org/

https://www.mundoprimaria.com/

https://www.actiludis.com/

https://www.aulapt.org/primaria/

https://www.orientacionandujar.es/

https://www.educalim.com/biblioteca/

Listado de Apps españolas que ofrecen gratis os seus contidos Premium para axudar a que os nenos e nenas aprendan dende as súas casas:

*Academons Primaria*: a App de Homeschooling ofrece 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogo de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science

 http://bit.ly/Academons_Gratis

*Ta-tum*: de grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito ata o mes de xullo a esta plataforma para o fomento da lectura 

http://bit.ly/Edelvives_Tatum

*Smartick*: esta App malagueña ofrece acceso 15 días gratis a súa App para repasar as matemáticas. 

http://bit.ly/Smartick_15

*AMCO*: Acceso aos xogos de Mates e Lengua da súa App Eduzland gratis por un tempo limitado

 https://amconews.es/eduzland/

*Cerebriti Edu*: ofrece máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso 

http://bit.ly/Cerebriti_Edu

CARREIRA SOLIDARÍZATE

SOLIDARÍZATE: CARREIRA SOLIDARIA 

POR CÁRITAS

XOVES, 6 DE FEBREIRO

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

25 DE NOVEMBRO:

AREALONGA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

 

PREMIOS CANTARELA

ENTREGA DE PREMIOS DA ASOCIACIÓN CANTARELA

Como todos os anos esta Asociaciòn micolóxica entregou os premios aos mellores debuxos relacionados co tema dos cogomelos.

Os alumnos/as premiados nesta edición foron: Nerea Calvo Lorenzo (3ºB), Inés Kalaaji Balado (5ºB), Aldara Santamaría Rodríguez (2ºB) e Miguel Vázquez Fontenla (2ºB).  Todos e todas foron agasallados con material escolar, libros e un diploma acreditativo.

NORABOA ARTISTAS!!!

IGUALDADE

EXPOSICIÓN DE IGUALDADE E BOAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS

Coa colaboración do CIM do Concello de Vilagarcía, exponse na entrada do noso centro as inciativas desenvolvidas para promover a igualdade de xénero na escola, nas familias e na sociedade.

KM POLA IGUALDADE

O día 19 de abril realizamos no recinto escolar unha carreira na que participou todo o alumnado do centro, dende os nenos e nenas de Educación Infantil ata os de 6º nivel de Educación Primaria, e tamén os mestres e o persoal do colexio. ​

Con esta actividade iniciamos o proxecto DÁME IGUAL co que queremos demostrar que, independentemente da idade, do sexo e da condición física, estamos dispostos a esforzarnos para conseguir un mundo mellor e máis igualitario cas nosas accións, unha igualdade real.

As xeracións futuras veñen con moitas forzas e moitísimas ganas de demostrar que se nos esforzamos e traballamos xuntos respectándonos, podemos facer grandes cousas.

Aquí deixamos o video, pero ATENTOS! HABERÁ MÁIS...

Distribuir contido


by Dr. Radut