Solidariedade da man de 4º de Educación Primaria
By Anónimo - Decembro 29th, 2022
Etiquetas :
O alumnado de 4º de Educación Primaria, que cursa durante este ano a materia de Valores, da man da súa mestra Elena Rancaño, fixo unha labor envidiable de recollida de alimentos implicando a toda a comunidade educativa.
Levaron a cabo unha campaña de difusión para que todos os sectores implicados puideran participar. Elaboraron carteis para a súa difusión, contaron e clasificaron os alimentos e entregaron todo isto a Cruz Vermella de Vilalba.
Noraboa pola iniciativa e noraboa pola resposta e acollida da iniciativa.
Podedes ver un resumo picando na seguinte imaxe.