Ir ao contido principal

TEMAS A TRATAR:

4. A proba

4.1. O banco de preguntas

O banco de preguntas utilízase para crear ou editar preguntas que se organizan en categorías para facilitar o seu emprego no curso. Estas preguntas poden incluírse en calquera cuestionario (ou "proba") do propio curso.

O profesor accede directamente ao banco de preguntas  dende a rodiña de Administración do curso

 

  

Dende este enlace do menú podemos crear preguntas, editar as preguntas xa creadas, crear categorías de preguntas para organizar as preguntas, importalas e exportalas.

Recomendo crear primeiramente as categorías onde organizar as nosas preguntas. Neste caso eu vou crear unha categoría para ciencias da natureza: A función de relación

(nesta catgoría meterei todas as preguntas relacionadas con este tema, que posteriormente seleccionarei para poñer unha proba).

Se fose necesario podes crear todas as subcategorías que precises.

Ábrese a seguinte pantalla: 

Unha vez teña a categoría creada, xa estou en disposición e ir creando preguntas, dentro da categoría CN_A FUNCIÓN DE RELACIÓN.

Podremos crear CATEGORÍAS e SUBCATEGORÍAS para así organizar as preguntas por Áreas ==>Temas==> Capítulos==> etc

E importante saber ue desde este menú tamén podemos:

  • Importar
    Esta función permite importar preguntas nunha variedade de formatos mediante un ficheiro de datos. O ficheiro debe de usar a codificación UTF-8.
  • Exportar
    Esta función permite a exportación dunha categoría completa (e calquera subcategoría) de preguntas a un ficheiro. Dependendo do formato de ficheiro seleccionado, algúns datos de preguntas e certos tipos de preguntas pode ser que non se exporten.

Cada unha das preguntas do banco de preguntas inclúe catro iconas que permiten editar, previsualizar, mover ou eliminar a pregunta. As preguntas que están sendo usadas en algunha actividade non poden ser eliminadas.

  • A icona "editar" permite editar a pregunta mediante o mesmo formulario usado para creala.
  • Cando se pulsa sobre a icona "previsualizar" ábrese unha nova ventá de previsualización que permite comprobar o funcionamento da pregunta.
  • A icona "mover" permítenos mover a pregunta cambiar o lugar onde aparece.
  • Se facemos clic sobre a "eliminar" podemos eliminar esa pregunta, sempre e cando non estea sendo usada en algunha das actividades do curso.

Editar banco de preguntas
Imaxe 3.5.3 Editar - Previsualizar - Mover - Eliminar

Última modificación: Xoves, 15 de Abril de 2021, 17:14