Ir ao contido principal

TEMAS A TRATAR:

3. A tarefa

3.4. Avaliar tarefas con rúbricas

As "Rúbricas" son métodos de cualificar usados para a avaliación baseada en criterios, que poden ser aplicadas ás "tarefas". A rúbrica consiste nun conxunto de criterios, no que para cada criterio porporciónanse varios niveis descritivos e asígnase unha cualificación numérica e/ou nominal a cada un destes niveis. O avaliador elixe que nivel contesta/describe mellor o criterio dado.

Como cualificar unha rúbrica?

En principio, cada profesor pode realizar a cualificación da súa propia rúbrica como estime máis oportuno.  É recomendable establecer  unha descripción para o valor =0.

Como avaliar con rúbricas unha tarefa na aula virtual:

O primeiro é crear una tarefa e escollemos metodo de cualificación ==> Rúbrica.

Exemplo:

 Acceder ao editor da rúbrica:

En primeiro lugar seleccionamos a tarefa que xa está creada e a continuación pulsamos sobre o menú "Administración de tarefas -> Cualificación avanzada -> Definir rúbrica" do "bloque Administración".

Cando nunha tarefa escollemos a rúbrica como método de cualificación, temos a opción de crear unha nova desde cero ou reutilizar unha xa existente. Por defecto, só o administrador da aula virtual (Moodle) pode convertir rúbricas en plantillas dispoñibles en todo o sitio para todos os profesores. Sen embargo, isto non implica que non poidamos reutilizar rúbricas creadas previamente por nós mesmos.

    

O editor de rúbricas permite configurar o nome da rúbrica, a descrición así como a propia rúbrica. Este editor permite engadir novos criterios e niveis, eliminalos e cambiar o orden dos criterios. Hai varias opcións nas rúbricas que poden configurarse tamén. Para cada criterio, debe cumplimentarse a descrición do criterio e para cada nivel, debe especificarse a definición do propio nivel e o número de puntos asociados co nivel. A definición da rúbrica debe gardarse usando o botón de "Gardar rúbrica e deixala rematada" ou o botón de "Gardar como versión preliminar".

Resultado da nosa rúbrica rematada:

Última modificación: Martes, 27 de Abril de 2021, 16:00