TEMAS A TRATAR:
3. A tarefa
A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor plantexa o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución.
O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en prácticamente calquera formato electrónico para a súa posterior avaliación por parte do profesor á que tamén poderá engadir un "feedback" ou comentario que chega de forma indenpendente a cada alumno.
A solución a unha tarefa non ten que consistir necesariamente en subir uns ficheiros á plataforma (aínda que éste é o uso máis habitual), senón que existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución no propio Moodle (Texto).
Tipos de Tarefa:
Entregas de ficheiros = Se está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.
Texto en liña = Se está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.
Imaxe 5.9.1 Actividade tipo tarefa |
Como se crea unha tarefa?
- Dende a páxina principal do curso, "activar edición".
- No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
- Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
- Finalmente, plusar o botón "Engadir"
Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.
Descrición = Introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.
Dispoñibilidade
Permitir entregas de = Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.
Data límite = Isto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.
Data de corte= De estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.
Amosar sempre a decrición = Se NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visíble para os alumnos na data "Permitir entregas de".