TEMAS A TRATAR:

3. A tarefa

A tarefa é unha das ferramentas que serven para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor plantexa o enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución. 

O módulo tarefa permite aos alumnos subir documentos en prácticamente calquera formato electrónico para a súa posterior avaliación por parte do profesor á que tamén poderá engadir un "feedback" ou comentario que chega de forma indenpendente a cada alumno.

A solución a unha tarefa non ten que consistir necesariamente en subir uns ficheiros á plataforma (aínda que éste é o uso máis habitual), senón que existen tarefas nas que o alumno pode escribir directamente a solución no propio Moodle (Texto).

Tipos de Tarefa:

Entregas de ficheiros = Se está activado, os alumnos deberán enviar un ou máis ficheiros como entrega.

Texto en liña = Se está activado, os alumnos deben escribir un texto (texto enriquecido) directamente nun campo do editor para a súa entrega.

Actividade tipo tarefa
Imaxe 5.9.1  Actividade tipo tarefa

Como se crea unha tarefa? 

  1. Dende a páxina principal do curso, "activar edición".
  2. No tema que se desexe pulsar sobre "Engadir unha actividade ou un recurso"
  3. Seleccionar a actividade tipo "Tarefa"
  4. Finalmente, plusar o botón "Engadir"

Nome da tarefa = Introduce un nome como título para esta tarefa.

Descrición = Introduce un pequeno texto a modo de descrición da tarefa.

Dispoñibilidade

Permitir entregas de = Se está activado, os alumnos non poderán facer entregas antes desta data. Se está desactivado, os alumnos poderán comezar as entregas de inmediato.

Data límite = Isto é cando venceu a tarefa. As entregas aínda se permitirán despois desta data pero calquera tarefa entregada tras esta data marcarase como atrasada. Para evitar entregas despois dunha certa data, estabeleza a data de corte da tarefa.

Data de corte= De estar definida, a tarefa non aceptará entregas despois desta data sen unha prórroga.

Amosar sempre a decrición = Se NON está activado, a descrición da tarefa anterior só será visíble para os alumnos na data "Permitir entregas de".