TEMAS A TRATAR

2. ABALAR PRO

2.2. NOVAS FUNCIONALIDADES

Nova funcionalidade na app do profesorado abalarPro: citas de titoría

A aplicación abalarPro, que está dispoñible para profesorado galego dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, dispón dunha nova funcionalidade: as citas de titoría.

A través deste novo servizo o profesorado poderá xestionar as citas de titoría a través do teléfono móbil, de forma cómoda e rápida, solicitadas polos responsables dos/as alumnos/as: data e hora na que se desexa realizar a titoría, o estado e detalle da cita, etc.

Esta funcionalidade únese así ao servizo xa existente da mensaxería, de tal forma que é posible acceder á listaxe de mensaxes, así como crear novas mensaxes con outros participantes: mensaxe privada, de difusión ou grupal/sala. En futuras versións incrementaranse novas funcionalidades dentro da app.

A descarga desta aplicación faise dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple store (se o sistema operativo é IOS).