INFORMACIÓN
Para asistir ao Comedor Escolar é requisito imprescindible
O Comedor escolar permanece aberto dende as 14:10 ata as 16:00 h.
Comeza o primeiro día de curso e remata o último.
Correo electrónico:
calidad@arelas.es
Prezo por menú……………………….. 5 €
Destes cinco euros as familias pagan 4€, xa que o euro restante o paga o Anpa grazas o convenio co Concello de Bueu e a Xunta de Galicia.
A recollida dos nenos será a partir das 15:30 e ata as 16:00 horas.
Dependendo do número de usuarios podense facer dous turnos de comedor.
Como anoto os meus fillos o servizo de comedor ?
Para darse de alta hai que chamar o catering e dar os seguintes datos:
○ Nome e apelidos da nena/o
○ Colexio
○ Curso o que se incorpora
○ Un teléfono de contacto actualizado
○ Días de asistencia
○ Día de inicio
○ Alerxias e/ou intolerancias
○ Para novas altas cubrir a ficha de inscrición.
O ALUMNADO NOVO deberá:
- Cubrir unha ficha de inscrición que entregará na secretaría do centro ou ás monitoras do comedor.
- Informar na ficha de inscrición se o neno/a padece algunha alerxia ou intolerancia alimentaria achegando un informe médico e a medicación pertinente, se fose o caso.
Os USUARIOS HABITUAIS confirmarán a asistencia chamando ao catering ou por correo electrónico: calidad@arelas.es
Importante: para iniciar o servizo en setembro, só se contará co alumnado que o comunique previamente
- Os pagos das mensualidades faranse nos primeiros 5 días do mes, a mes vencido.
- A devolución dun recibo non resolto en 15 días, provocará a baixa no servizo.
- Unha vez iniciado o curso, calquera cambio de asistencia deberá ser comunicado como data límite o día anterior ás 17:00 h. Non se aceptarán cancelacións no propio día. Atenderanse as emerxencias daquel alumnado que, non estando previsto, teña que quedar no comedor.
- O alumnado usuario do comedor escolar, ten as mesmas obrigas durante este período de tempo que no período lectivo. Deberá comportarse de forma axeitada atendendo en todo momento as normas que aconselle o persoal. O non respectar estas directrices obrigará adoptar as medidas correctoras pertinente, adecuadas á falta cometida. As incidencias comunicaranse ás familias e de persistir na mesma actitude sancionarase coa privación temporal ou definitiva do uso do servizo.
- Queda prohibido o consumo de calquera outro alimento que non sexa proporcionado pola empresa do catering.
- A RECOLLIDA dos nenos/as será a partir das 15:30 e ata as 16:00 h. con excepción dos nenos/as que asisten ás actividades extraescolares que serán recollidos ao seu remate.
- A recollida farase de xeito ordenado, sen interferir na marcha do comedor e esperando ao remate se a familia quixera facer algunha consulta ao persoal.
- No caso de separación legal dos proxenitores ou de que o alumno/a fora a ser recollido por un adulto non habitual deberá ser notificado e autorizado por escrito na secretaría do centro.
- O alumnado de 5º e 6º poderá abandonar as instalacións sen a compaña dun adulto para o que entregará unha autorización asinada pola nai/pai/titor legal eximindo á ANPA e ao centro de calquera responsabilidade unha vez traspasadas as instalacións do centro.
- Serán motivo de baixa do servizo o incumprimento das normas establecidas, o non pagamento reiterado dos recibos mensuais, así como o incumprimento reiterado do horario de recollida.
- Ficha de inscrición no comedor
- Modelo para a comunicación de incidencias -alta, baixas, etc.