Filatelia
EXPOSICIÓN FILATÉLICA "O MUNDO DOS SELLOS"
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Sáb, 19/10/2019 - 16:04Dende o luns 30 de setembro e ata o xoves 3 de outubro a nosa escola tivo o pracer de contar coa exposición Filatélica "O mundo dos selos", organizada pola Comisión de Xuventude da Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) e patrocinada por Correos.
A actividade contou con varias propostas:
Unha exposición de 10 paneis con vitrinas nas que se facía un pequeno percorrido polo mundo dos selos, incluindo varios documentos historicos, o primeiro selo do mundo e de España, todos eles orixinais.
Esta parte foi presentada ao alumnado como visita-guiada por Juán Carlos Blanco, monitor do FESOFI.
Por outra banda o alumnado participou nun obradoiro filatélico e de escritura.
O martes 1 de outubro houbo unha presentación oficial coa presenza de representantes de distintos sectores da comunidade educativa: profesorado, concello, anpa e familias e equipos directivos doutros centros do concello.
O FESOFI fixo entrega ao equipo directivo dunha placa conmemorativa e os 3 selos de curso legal editados pola Fábrica de Moeda e Timbre, dous dos cales foron deseñados por Marc Taeger.
O martes 1 e o mércores 2 de outubro houbo xornadas de portas abertas con obradoiros e xogos dirixidos por Juán Carlos Blanco para os rapaces/zas.
A prensa tamén se fíxo eco deste evento
Se queredes saber máis sobre esta interesante actividade aquí vos deixo varios enlaces: