VISITA AO MUSEO MASSÓ: A MULLER E O MAR

Como mola este fin de curso! Di a nosa mestra que nos estamos desquitando de tantas restriccións por culpa da COVID.

Este venres, tocounos ir ao Musseo Massó da nosa vila. Xa foramos moitas veces, pero nesta quenda faláronnos do traballo da muller no mar. David foi o encargado de concienciarnos do valor da labor do xénero feminino.

Si que é verdade que as mulleres mariñeiras non son habituais, pero tan pronto como os barcos se achegaban á terra, eran elas as que se metían no mar e cargaban o peixe nas patelas e o transportaban ás salgas, ás fábricas, ás prazas de abastos ou ás lonxas. Tamén eran elas,  maioritariamente , as que traballaban nas conserveiras ou nas salgas, ou as que se encargaban de vendelo. Outro traballo importante era o das redeiras, que se encargaban de reparar os aparellos en condicións moi duras.

Demos un pequeno percorrido polo Museo no que puidemos ver fotos,  claras testemuñas da discriminación da muller dentro da fábrica de Massó. Tivemos ocasión de poñer sobre as nosas cabezas as patelas e non vos podedes imaxinar canto pesaban e iso que estaban baleiras.

Aproveitamos a saída e visitamos ás redeiras que estaban en plena faena dentro da súa nave situada no peirao. Contáronnos que agora as condicións son mellores porque poden traballar baixo teito pero que antes traballaban na intemperie, suxeitas ás inclemencias do tempo atmosférico. Tamén explicaron que aprenderon este oficio das súas nais, avoas ou tías e que non hai moita xente nova que queira traballar aí.

Rematamos o día merendando e xogando na praia.

A isto se lle chama desfrutar da nosa vila mariñeira!

Ollade o vídeo!