ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN
Enviado por Anónimo o 29 Novembro 2011 - 4:09pm
• Ler contos cos nenos a cotío. Facéndoos partícipes, con preguntas, nomeando os debuxos... • Aprender cancións, adiviñas, rimas... • Xogar a soprar (pompas, globos) • Xogar a escoitar, distinguir e imitar sons. • Xogar a facer e imitar caras (triste, enfadado, contento, asustado...). • Xogar ao “vexo, vexo”. • Xogar cos sons das palabras ( xogo do eco, facer rimas., falar utilizando unha soa vogal: Holo, ¿como to chomos?(¿Hola, como te chamas?) • Facer movementos buco-faciais (bicos, morros, pedorretas, inflar meixelas, sorriso, limpar os dentes coa lingua…). |