Actividades animación á lectura |
|
|||
|
|||
Mandade un correo electrónico ao enderezó que aparece no cartaz, para reservar a entrada que custa 2€, e se fai efectiva ao recollela. |
|||
CARTAZ ENTROIDO INSUA 2019: SONS DA NOSA TERRA VIDEOTITORIAL PARA CONFECCIONAR O TEU TRAXE DE ENTROIDO: SONS DA NOSA TERRA 2019
ORDES DO MECO NON ACUMULATIVASA PARA A SEMANA DE ENTROIDO 2019
LUNS - CHICHO OU PINZA NA TUA TESTA
|
|||
|
|||
|
|||
Chega a festa de SAMAIN, o CEIP Antonio Insua Bermúdez organizará unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS RECICLADAS ARTÍSTICAS o próximo mércores 31 de outubro de 2018. Invitámosvos, a todas aquelas persoas que desexen participar, a elaborar a cabaza máis orixinal, arrepiante, artística que poidades. Comezade a traballar na fin de semana do 27 e 28 de outubro. Pregámos cabazas de pequeno ou mediano tamaño para facilitar o trasporte. Decorádeas con material reciclado de baixo custo e cando teñades a obra rematada, cubride a cartela identificativa que se acompaña con esta nota, completade: o nome, apelidos e o curso coa aula. Levade a cabaza e a cartela O LUNS 29 á titora ou titor da vosa clase. O luns 29 montaremos a exposición na entrada do cole e visitarémola en quendas o mércores 31 DE OUTUBRO, quen queira e se anime, DISFRAZARASE sen gastar “cartiños”, propoñemos traer roupa negra e maquillaxe de medo na cara ou algún disfrace do armario sempre que sexa terrorífico ou se relacione co Samaín, co medo...Non traiades nada na cabeza porque é un lío para a clase e o comedor. Realizaranse Micronovas TV, reportaxe fotográfica, filme e difundirase na web e RRSS do centro. |
|||
Este curso 2017-2018 dende a Biblioteca do cole propúxose facer un proxecto con un tema en común, Proxecto Documental Integrado, que traballaríamos todos os nenos e nenas do cole dende nas diferentes aulas e abordándoo dun xeito global. O tema elexido foi "OS PINTORES GALEGOS", aproveitando que Antonio Insua Bermúdez foi pintor e que noso centro cumpría 40 ANOS pareceunos unha boa oportunidade para dalo a coñecer a toda a comunidade educativa. O proxecto comezou coa elección por aulas dun autor ou autora, os artistas seleccionados foron: Ed. Infantil 3 anos Caruncho, Ed. Infantil 4 anos Leandro Lamas, Ed. Infantil 5 anos A Xulia Minguillón, Ed. Infantil 5 anos B Manuel Carballeira, 1ºA Carlos Maside, 1ºB Teresa Irisarri, 2ºA Jorge Peteiro, 2ºB Manuel Colmeiro, 3ºA Luis Seoane, 3ºB Laxeiro, 4ºA Xosé Vizoso, 4ºB Sabela Arias, 5ºA Maruja Mallo, 5ºB Xaime Quesada, 6ºA Isaac Díaz Pardo e 6ºB Castelao. No primeiro trimestre afrontamos a biografía dos diferentes autores, partimos do que xa sabíamos, que era pouco ou nada, e pouco a pouco fomos averiguando aspectos da súa vida. Para podes facer isto tivemos que consultar fondos bibliográficos tanto dixitais como en papel. Localizamos a obra, identificámola, buscamos o significado... Aprendimos vocabulario, conceptos novos, xeografía, estilos artísticos... No segundo trimestre visitamos museos nos que había algunha obra dos diferentes pintores como Carlos Maside, Museo Provincial de Lugo, Museo da Coruña... No terceiro trimestre concertamos visitas dos pintores ao colexio, organizamos unha pequena exposición da obra de Antonio Insua Bermúdez e fixemos intercambios entre aulas para que todo o alumnado coñecese aos artistas traballados. Aquí podedes ver o noso museo e algún dos traballos que realizamos
Ed. Infantil 3 anos CARUNCHO
Ed. Infantil 4 anos LEANDRO LAMAS
Ed. Infantil 5 anos A XULIA MINGUILLÓN
Ed. Infantil 5 anos B MANUEL CARBALLEIRA
1º A Carlos Maside 1º B TERESA IRISARRI
2º A JORGE PETEIRO
3º A LUIS SEOANE 3º B LAXEIRO
4º A XOSÉ VIZOSO
4º B SABELA ARIAS
5º A XAIME QUESADA
5º B MARUJA MALLO
6º A ISAAC DÍAZ PARDO
6º B CASTELAO |
|||
|
|||
ORDES DO MECO DO ENTROIDO ARTÍSTICO 2018 NO INSUA BERMÚDEZ |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »