XUBILACIÓN JUAN M. CANCIO E Mª ANTONIA FUENTES

 

 

XUBILACIÓN DE JUAN CANCIO MOREDA E Mª ANTONIA FUENTES DÍAZ

O pasado martes, día 29 de xuño, no Restaurante Hotel Villamartín de Vilalba, o profesorado e persoal non docente do CEIP “A. Insua Bermúdez” de Vilalba organizaron unha comida de homenaxe pola xubilación de Juan Manuel Cancio Moreda e Mª Antonia Fuentes Díaz que durante moitos anos exerceron o seu labor docente no referido Centro.

Durante a comida, celebrada nun ambiente moi cordial e emotivo, os homenaxeados recibiron os parabéns dos asistentes así como diversos agasallos –nos que participaron tamén compañeiros e compañeiras que estiveron con anterioridade neste Centro ou doutros centros educativos da zona-.