FACEMOS SAQUIÑOS DE LAVANDA #VOZ NATURA
Podamos a lavanda e despois cortámola en trozos pequeniños.
Na clase de Infantil fixeron saquiños de tela. Recortaron un trozo de tela, fixeron buratos, puxéronlle unha cinta enchérono e pechárono.
COMEZAMOS CO TRABALLO DA HORTA #VOZ NATURA
Unha vez que a terra estaba preparada sementamos os nabos.
Tamén preparamos a terra dos bancais. Alí plantamos cenorias e allos.
SAÍDA AO VALADOURO
Ao finalizar a visita fixemos unha foto de grupo.
Aproveitamos a visita a O Valadouro para visitar tamén o castelo de Castrodouro e a Finca Galea
#VueltaAlColeUnoentrecienmil
DA MACEIRA Á MESA
Recollemos as mazás da maceira que temos no patio. O alumnado de 1º foi o encargado de cortalas e preparar compota e biscoito de Mazá. Despois invitaron a os seus compañeiros e compañeiras a probar as súas elaboracións. Estaba todo boísimo!
READY STEADY AND GO!
O alumnado de Oural ten as súas mochilas preparadas para enchelas de aventuras durante este curso que comeza.
VOLTA CICLISTA A GALICIA
Empezamos o curso acudindo a saída dunha etapa da Volta Ciclista a Galicia en Sarria. Incluso parte do noso alumnado acompañado por Fran puido formar parte do pelotón. Moitas grazas a ANPA pola vosa colaboración!