AbalarMóbil
Hoxe queremos falarlles de AbalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información d@s fill@s a través do teléfono móbil ou da tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
Ademais inclúe unha opción de mensaxería que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e as familias.
As familias disporán das seguintes funcionalidades:
- Consultar as cualificacións
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia
- Solicitar unha cita de titoría
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Consultar as incidencias creadas polo profesorado
- ...
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
Prema no seguinte enlace e poderá acceder a toda información e un vídeo explicativo sobre o servizo e a súa descarga.
https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=hkFlZxn2OaSiPv3QRsNW
Para instalar a aplicación deben usar algún dos números de teléfono de contacto que nos proporcionaron no colexio.
**Se durante a instalación da aplicación encontran algún erro ou problema, non dubiden en poñerse en contacto co colexio no número de teléfono 886 11 00 92.