O pasado mércores 19 de xuño, celebramos no centro as graduacións dos nosos alumnos e alumnas de sexto de infantil e sexto de primaria.
Unha xornada moi emotiva, con actuacións tanto do alumnado de infantil como o de primaria.
Comezamos cunha obra representada polos/as nenos/as de infantil, "O casamento da mosca e a pulga". A continuación cantaron a canción "Eu teño sete amigos".
Despois foi o turno dos maiores que comezaron coa representación da obra "Boas noites, continuaron coa interpretación, con piano e frauta, do "himno da alegria". Rematamos co baile dos Peares e entrega de agasallos.
Rematamos os actos cantando todos xuntos "A vindeira estación", que todo o alumnado do centro adicou aos de sexto de primaria.
Dende o CEIP Plurilingüe de Andrade queremos desexarlles moitísima sorte na súa nova andaina no IES.
SORTE E ATA SEMPRE.
Coma sempre tedes as fotos e vídeos nas súas respectivas galerías:
Deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.