Inicio de Sesión

Eumeolimpiadas 2019

Como en anos anteriores, o alumnado do noso centro participou nas "Eumeolimpiadas", xornadas polideportivas organizadas polo Concello de Pontedeume. Isto representa unha boa ocasión para interactuar e convivir co resto do alumnado do concello.

 

Todo o alumnado participa nun xogo colectivo, que varía en función do curso participante (3º balontorre, 4º fútbol, 5º balonmán e 6º baloncesto) e varios individuais: pentasalto, circuito de habilidade, lanzamento de balón e carreira de relevos. Este ano o alumnado de sexto de primaria realizou un xogo de orientación por parellas en vez dos xogos individuais. Unha experiencia moi interesante.

 

 

 

Rematamos as xornadas cun "macroaeróbic".

 

 

 

Tedes as fotos das xornadas nos seguintes enlaces:

 

 

 

TERCEIRO

 

 

 

CUARTO

 

 

 

QUINTO

 

 

 

SEXTO

 

 

 

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación das xornadas.