Inicio de Sesión

IX FESTA DA FROITA. MAGOSTO. SAMAIN

O pasado venres 28 de outubro, celebramos no centro a IX Festa da Froita, aproveitamos para celebrar o magosto e o samaín.

Nesta ocasión traballamos sobre  o tema do noso PDI "hábitos saudables".

O alumnado de sexto foi o encargado de presentar aos seus compañeiros e de presentarnos as bondades das diferentes froitas traballadas por cada curso:

  • O alumnado de infantil traballaron sobre a "mazá". Comezaron cantando e bailando "El baile de la fruta". Para logo cantar "Mazás por aquí" ao ritmo da canción popular "Los esqueletos", mentres ían recitando pareados creados por eles mesmos.
  • O alumnado de primeiro de primaria, traballaron sobre o "figo". Recitaron o refrán "Polo San Miguel os figos saben a mel" e cantaron a canción de "toma moita froita", versión en galego dun tema de "Bom Bom Chip".
  • Os de segundo, traballaron sobre a "pera". Cantaron e bailaron "Que rica é a pera", adaptación da canción "Os pitiños dicen pio, ... pio, ... pio...".
  • O alumnado de terceiro traballou sobre "o marmelo". Crearon un conto en poesía "O marmelo cogomelo", adaptación dun poema portugués.
  • Os de cuarto traballaron "a castaña" e cantaron e bailaron "O rap das castañas".
  • O alumnado de quinto traballou sobre "a noz" e, con moita enerxía, cantaron e bailaron "para medrar", canción de hábitos saudables.
  • O alumnado de sexto traballou sobre "a uva". Comezaron presentando unhas adiviñas sobre a froita e representou o relato da uva no "Lazarillo de tormes" e a fábula "A raposa e as uvas". Cantaron cancións de taberna "Cantigas do viño". Remataron presentando as diferentes variedades de viño de Galicia: Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Valdeorras, Monterrei.

Samaín

Este ano, como en anos anteriores, houbo exposición de cabazas con agasallo, por parte do ANPA, para todos os participantes.

Magosto

Ao igual que outros anos houbo concurso de cestas de froitas, organizado pola AGFA, tamén houbo agasallos para todos os participantes (unha árbore para cada un) e premios para os tres primeiros (dúas árbores).

Rematamos a xornada coa degustación das larperiradas elaboradas polas familias e polo alumnado.

Moitísimas grazas a todos e agardámosvos o vindeiro ano.

Podedes ver as imaxes e os vídeos  nas súas respectivas galerías e clicando nos enlaces que tedes a continuación:  FOTOS        VIDEOS

A continuación tedes unha breve presentación da xornada.