Inicio de Sesión

Día da Poesía 2012

Este ano o CEIP Plurilingüe de Andrade quere adicar o día da poesía a esas persoas que fan posible que o cole sexa o que é, UNHA GRAN FAMILIA", estamos a referir "AS MULLERES DO COLE".

Para esta celebración adaptamos, RAIOTECA troúxonos varias poesías que despois leron os nenos:

  • Para as mulleres de Infantil (Adela, Mariví, Malú e Isabel V.) adaptamos a poesía "Cando eu saiba ler" de Yolanda Castaño.
  • Para as do Primeiro ciclo de Primaria (Cointa e Mª Engracia) unha poesía de Xosé Rodríguez Ferrer, "Xogando, xogando".
  • Para o segundo ciclo (Mª Jesús e Amandina)  "Un conto" de Ana Mª Fernández.
  • Para o terceiro ciclo (Ánxeles e Paloma) "A cincenta" de Ana Mª Fernández.
  • Para Amy e Nieves  unha poesía de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Fragmento extraido do seu libro "Roseira do teu mencer".

Tedes todas as fotografías na GALERIA, e os vídeos no seguinte enlace DÍA DA POESIA.

Deixámosvos cunhas imaxes da xornada.