Durante estes días estivemos traballando para participar nunha proposta do Concello para os Centros Escolares de Pontedeume:
Cada Centro escollerá unha muller dunha lista de Mulleres que marcaron a historia das mulleres e levará a cabo un traballo que versará sobre os seguintes puntos:
A mostra con todos os traballos realizados polo alumnado de todos os Centros Escolares do Concello de Pontedeume, permanecerá exposta na Casa da Cultura e despois pasará por cada un dos Centros participantes.
A nosa aportación a este proxecto é un traballo colectivo sobre "Clara Campoamor" no que participamos todas e todos dende E. Infantil ata 6º de Primaria.
Posteriormente o alumnado de sexto baixou a Casa da Cultura, para asistir a inauguración da exposición e posterior conferencia a cargo de Rosana Volio Monge.
Como sempre deixámosvos cunha mostra das forografias do acto. O resto de fotos a tedes na GALERÍA.