Inicio de Sesión

ENTROIDO 2012

"O ENTROIDO NAMORADO DOS CONTOS"

Este ano o noso entroido ven namorado dos contos. Sábedes a que sabe a Lúa, quen é Karikú, soabos Hamelín e que sabedes dos contos vellos para rapaces novos. Pois ben os rapaces e rapazas de Andrade van representarvos eses contos, para que saibades moitas cousas deles.

INFANTIL: os de infantil co seu "carnaval Salvaxe" queren saber "a que sabe a lúa". Neste conto os animais: tartarugas, elefantes, xirafas, cebras, leóns, raposos, monos, ratos e peixes, colabran para chegar a lúa e roubarlle un anaco.

1º CICLO DE PRIMARIA: os do 1º ciclo viaxan a unha pequena aldea no corazón de Africa, onde naceu "Karikú", un neno con habilidades especiais que loita contra a maldición da bruxa Caravá. Os nenos representan a boda entre Karikú e Caravá.

2º CICLO DE PRIMAIRA: o alumando do 2º ciclo viaxa ata Hamelín, unha cidade tranquila gobernada por un alcalde preocupado de contar as riquezas, ata que apareceu no pobo unha praga de ratas. Veremos como chega un frautista que libera a Hamelín das ratas e ..... Que comece o conto.

3º CICLO DE PRIMARIA: os do 3º ciclo fan unha representación baeada no libro de Neiras Vilas "Contos vellos para rapaces novos". Unha historia de encontros entre pobos. Para escenificar este conto escollemos os paises de México, Cuba e Brasil. AZUCARRR.  Que comece a festa.

Como sempre podedes atopar as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén tedes os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación das actuacións. Grazas a todos pola vosa colaboración e ata o ano próximo.

 

 

Entroido Namorado - diapositivas