O pasado xoves 11 de novembro celebramos o MAGOSTO. Nesta ocasión contamos coa colaboración da asociación do Olmo, que foron os encargados de asar as castañas, e a ANPA do centro que as mercou.
Comezamos a xornadaa coa elaboración dunha mandala que fixemos, por turnos, entre todo o alumnado do centro, posteriormente degustamos as castañas asadas e rematamos con xogos tradicionais, respectando en todo momento as medidas anticovid.
Tedes as fotos da xornada na galería ou no seguinte enlace: MAGOSTO
Magosto 2021 de Andrade Cole