Inicio de Sesión

NADAL 2019

Este ano, como en anos anteriores, celebramos no centro o festival de Nadal 2019. Nesta ocasión tivemos obras de teatro, panxoliñas, ....

  • Comezamos co alumnado de Cuarto que representou a obra " A viaxe de Farrapos", onde un boneco de neve viaxa, con moitos amigos, polas estación do ano, buscando sempre onde o vento e a neve perduren.
  • A continuación os de primeiro e segundo cantaron "Navidade Rock".
  • Continuamos cos alumnos de sexto que cantaron "Twelve Days of Cristmas".
  • Despois os de quinto interpretaron, con diverosos intrumentos, o villancico "Jingle bell rock".
  • De novo o alumnado de sexto interpretou, tamén con diversos intrumentos, "Joy to the world"
  • Despois chegaron os máis pequerrechos do cole, os de Infantil, que acompañados polo alumnado de cuarto cantaron o "Villancico de las vocales".
  • Os de terceiro interpretaron a canción "Na caverna do rei da montaña".
  • E coa obra de teatro "A meiga e o emperador", representada polo alumnado de sexto, chegamos ao final do noso festival.

Como sempre tedes as fotos e os vídeos nas súas respectivas galerias.

FOTOS

VÍDEOS

Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.