Introducción

Un libro: "LA ESCUELA SECRETA DE NASREEN":  

Unha historia real de Afganistán. Unha defensa  do dereito que as nenas teñen de ir á escola.

Un vídeo: "BUDA EXPLOTÓ POR VERGÜENZA":

Relata a historia dunha nena afgana que loita por ir á escola e recibir unha educación.

Unha carta: "CARTA DESDE AFGANISTÁN":

Preséntanos a realidade na que viven as mulleres noutras parte do mundo.

Historias baseadas en feitos reais, que teñen que ver co dereito dos demais ao coñecemento, á liberdade.
Historias que nos farán reflexionar acerca das diferenzas que aínda hai no mundo ao redor dos sexos.