Inicio de Sesión

Articles

O noso cole - Sub Categories

Datos de interese

Neste apartado atoparedes información importante do noso centro, que pode ser de utilidade.

Facendo clic nos apartados do recadro da dereita, "Datos do centro", podedes atopar a seguinte información:

  • Datos oficiais do centro
  • Unha pequena historia do noso centro
  • ¿Cómo chegar?
  • As nosas dependencias

O NOSO COLE

      
           
           
       

Eleccións consello Escolar 22-23

Eleccións Consello Escolar

A RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo a citada RESOLUCIÓN,  as citadas eleccións terán lugar durante o presente mes de novembro.

A continuación tedes toda a información relativo ao citado proceso.

RESOLUCIÓN

CIRCULAR INFORMATIVA

CALENDARIO ELECTORAL

CONVOCATORIA SECTOR PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

CONVOCATORIA SECTOR PROFESORADO

MODELO PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA

Historia

O noso colexio nace en 1984 co nome de "Colexio Público de E.X.B. Barreiro-Andrade", sendo inaugurado no 1985. Posteriormente coa entrada en vigor da LOGXE, pasa a denominarse "C.E.I.P. de Barreiro-Andrade", no ano 1998 adoptou a denominación de "C.E.I.P. DE ANDRADE" e actualmente debido a nosa participación no proxecto de centros plurilingües, pasa a chamarse "CEIP PLURILINGUE DE ANDRADE". 

Instalacións

O C.E.I.P.  de Andrade e unha construcción moi sólida, libre de humidades, ben aillada e soleada, que consta de dous edificios:

  • Un edificio principal, de dúas plantas e un soto
  • Un edificio secundario, onde se atopa o ximnasio e o patio cuberto

Ademais contamos con pistas polideportivas, parque infantil e campos vexetais.

Todo isto conforma un entormo moi agradable e saudable para a toda a comunidade educativa.

Edificio principal:

Planta baixa:

  • 3 Aulas de Educación Infantil.
  • Aula de Educación Musical.
  • Sala de usos múltiples (local usado  tamén para comedor e madrugadores).
  • Aula de Pedagoxía Terapeútica.
  • Sala de mestres.
  • Oficinas (Dirección, Secretaría, Sala de reprografía).
  • Servicios de alumnas.
  • Servicios de alumnos.
  • Servicios de mestras/es.
Plano planta baixa

 

Primeiro Andar:

  • 6 aulas de Primaria.
  • Aula de informática.
  • Aula de música.
  • Biblioteca.
  • Despacho de orientación.
  • Clase de Audición e Linguaxe.
  • Radio escolar "Loro lareto"
  • Servicios alumnas.
  • Servicios alumnos
  • Servicios mestras/es

Primeiro Andar 

Soto:

  • Cuarto de caldeiras
  • Aula de plástica e teatro.
Soto

Edificio secundario:

  • Ximnasio cun cuarto para material
  • Patio cuberto
  • Servicios.

Ademais contamos cun parque infantil, amplas zonas verdes e unha pista polideportiva.

Na Galería  dispós de fotos das nosas instalacións. Date unha volta!!

Localización e vistas aéreas

O C.E.I.P. de Andrade está ubicado na Parroquia de Andrade (San Martiño), da cal toma o nome, no Concello de Pontedeume, A Coruña.

¿Como chegar?

  • Para calcular a ruta con GPS introduza as seguintes coordenadas:
    • Latitud: 43.38800
    • Longitud: 8.16607
  • Para calcular a ruta a través de Google Maps, prema no seguinte enlace: CEIP DE ANDRADE