O pasado venres 20 de xaneiro empezaron a funcionar as mochilas viaxeiras na nosa escola. Todos os venres dous nen@s en cada clase levarán cadansúa mochila para a súa casa.Teredes 6 días para disfrutar cos libros, revistas, cómics, películas... que van dentro das mochilas. En cada mochila vai un caderno para que cada alumn@ poida escribir ou debuxar o que máis lle gustou. Se tedes algunha dúbida desta actividade podedes preguntar aos titor@s ou no horario da biblioteca (de 4 a 6 da tarde de luns a venres)
Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado... Un saúdo e... Todos a ler!!!!!