Skip to Content

Animación á lectura

PARTICIPAMOS NO ECOPREGUNTOIRO

O mércores 8 de Febreiro @s alumn@s de 6º Santi Giménez, Paula Gago, Marta Gil, Miguel Baños e Lucía Bóo, participaron no programa Ecopreguntoiro. Nunha emocionante contenda, os nosos rivais do CEIP Albeiros de Lugo acadaron a victoria por 7 puntos a 6; noraboa para eles. Gran actuación d@s nos@s alumn@s e merecido premio que terán a final de curso. Aquí tedes aos protagonistas antes de comezar a respostar.

EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O pasado venres 20 de xaneiro empezaron a funcionar as mochilas viaxeiras na nosa escola. Todos os venres dous nen@s en cada clase levarán cadansúa mochila para a súa casa.Teredes 6 días para disfrutar cos libros, revistas, cómics, películas... que van dentro das mochilas. En cada mochila vai un caderno para que cada alumn@ poida escribir ou debuxar o que máis lle gustou. Se tedes algunha dúbida desta actividade podedes preguntar aos titor@s ou no horario da biblioteca (de 4 a 6 da tarde de luns a venres)

 Agardamos que esta actividade sexa do voso agrado... Un saúdo e... Todos a ler!!!!!

 

 

 

A BIBLIOTECA XA ESTÁ ABERTA!!

Dende o pasado venres día 6 de Outubro, a Biblioteca do colexio está a disposición de tod@s @s alumn@s para que poidan ler, coller e devolver libros e revistas, buscar información na rede ou estudar. A Biblioteca estará aberta todos os recreos (12 / 12:30) e polas tardes de luns a venres de catro a seis. Lembrade traer o carné da biblio e ante calquera dúbida pregúntadelle a@s voluntari@s.

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro en todo o mundo. Como este ano ese día foi sábado, no cole pasámolo para o xoves 21. Todos os nenos divertíronse moito coas diferentes actuacións. Para rematar houbo rosquillos para todos a cargo dos chefs de 4º A. 

  • Teatro: "A consulta do doctor Lampantín (6º)
  • "Los libros voladores" (Pablo e Lara, 4º A)
  • Contacontos "A mosca chosca" 

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO 2013

Con motivo do DÍA DO LIBRO, este martes tivemos unha xornada moi especial ... (pincha na imaxe para ver o artigo completo no Blog da Biblioteca)

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS

Podedes ler aquí un cómic de "A volta ao mundo en 80 días".

 

Ou tamén ler a novela no seguinte enlace "A volta ao mundo en 80 días"

ACTIVIDADES NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Aquí tedes unhas imaxes das actividades do día das Bibliotecas Escolares ...

(pincha na imaxe para acceder ao artigo completo no blog da Biblioteca)


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celébrase ...

(pincha na imaxe e accederás ao artigo completo no blog da biblioteca)

ACTIVIDADES NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

No blog da Biblioteca tedes un resumo das actividades que se levaron a cabo onte no colexio con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora e tamén en relación co Proxecto Documental Integrado "Avós e avoas" que está coordinando o Equipo de Biblioteca:

(clic na imaxe)

Distribuir contido


by Dr. Radut