4º Curso
Composicións de Outono e Samaín dos alumnos de 4º de primaria
Enviado por A Maía o Mér, 30/11/2016 - 11:39pm
Os alumnos e as alumnas de 4º de primaria realizaron estas composicións sobre o Outono e o Samaín.
Os títeres de 4º cos seus autores
Enviado por A Maía o Mér, 29/06/2016 - 9:25pmNunha entrada anterior comentamos que os alumnos e alumnas de 4ºB e 4ºC estiveran facendo uns TÍTERES DE ESPUMA, empregando múltiples accesorios e grandes dosis de imaxinación. E, para que vexades con detalle o seu traballo aquí vos mostran cada un a súa creación. Parabéns rapaces!
Pés na rúa: excursión en bici de 4ºA
Enviado por A Maía o Sáb, 18/06/2016 - 12:03amEste venres os rapaces de 4ºA remataron o seu traballo de investigación dentro do proxecto "pés na rúa" cunha saída en bici polo contorno. 11 km de aventuras.
Para saber como lles foi entrade no seu blog, premendo no icono á dereita, ou LER MÁIS AQUÍ +
Títeres de espuma de 4ºC E 4ºB
Enviado por A Maía o Ven, 10/06/2016 - 7:36pm
Os alumnos e alumnas de 4ºB e 4ºC fixeron estos TÍTERES DE ESPUMA. Primeiro prepararon as plantillas para cortar as planchas de espuma para facer as cabezas. Despois uniron con pegamento os dous lados da cabeza, que é unha das fases máis complicadas e, cando estiveron secas, fixeron o seguinte paso que é pintar as caras, pegarlle ollos e facerlle a boca. Coa estructura da cabeza xa rematada fixéronlle os corpos cunha camiseta. E finalmente cada un decorou o seu títere como máis lle gustou: pelos de cores, barbas, coletas, bigotes, dentes ou cornos....e todo tipo de accesorios para personalizalos. Desde logo empregaron moita imaxinación!
Pasárono moi ben e quedaron chulísimos!
Pés na rúa: un traballo de 4ºA sobre mobilidade sostible e segura.
Enviado por A Maía o Mar, 07/06/2016 - 9:32pmHoxe presentamos un novo blog no colexio "PÉS NA RÚA": é o resultado do traballo que veñen realizando desde fai meses o alumnado e o profesorado de 4ºA. Trátase do programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolve a Dirección Xeral de Tráfico a través do Plan Proxecta. Un tema moi interesante xa que o contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, neste caso a DXT, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Un dos primeiros pasos foi a carta que enviaron cando iniciaron o traballo:
E este é o logo que crearon na clase:
A partir de agora podedes seguir o blog premendo no icono na esquina superior dereita.
avaliacion de contidos
Enviado por A Maía o Mér, 14/03/2012 - 9:55pmPDF PARA AMPLIACIÓN DO TEMA 4.
- RESUMO.PDF (ENLACE)
- PARTES DA PLANTA.pdf (ENLACE)
- Proba de matemáticas (ENLACE)
- Proba de lingüística (enlace)
- Probra castellano (Madrid)
- proba lingua galego
VISITA DO ESCRITOR SILVESTRE GÓMEZ XURXO
Enviado por A Maía o Dom, 18/03/2012 - 2:04pmOs nenos e nenas de 4º coñeceron o autor de Ti non xogas, o libro que leron e traballaron neste trimestre.
Silvestre Gómez Xurxo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai coñecer os seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de escribir. Entre outras cousas, que prefire historias da vida cotiá, conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo. Que un libro empeza a facerse moito antes de se sentar a escribir, cando unha idea das moitas que vai anotando prende na súa cabeza , vai tomando forma e non o deixa en paz. Ou que é máis importante a escritura do primeiro capítulo, o que ten que enganchar o lector, que o final do relato.
Foi un encontro agradable, seguido con interese e moita participación polos nenos e nenas.