Benqueridas alumnas e alumnos de 6º de primaria, aquí vos deixamos, como peche destes anos que levades con nós, o arquivo coas vosas orlas; desafortunadamente nesta ocasión sabedes que ten que ser así, a través dun arquivo, en vez de facer unha pequena despedida con vós e dárvolas en man.
Iniciades para o curso unha nova etapa educativa, distinta, ilusionante e sabemos que entraredes e sairedes airosas e airosos dela.
En nome de todo o persoal do CEIP A MAÍA queremos agradecervos os días compartidos e desexarvos o mellor e, permitídeme, xa que entramos no verán, desexárvolo con unha frase que se di no mundo mariñeiro cando alguén inicia unha viaxe:
Boa mar e bo vento nas velas!!
Disfrutade deste merecido descanso.
A Directora.