ACLARACIÓNS RESPECTO AOS MATERIAIS DE MÚSICA

  • A materia de música é primordialmente práctica. Todo se fai con música e a través da dela: escoitando contos, cancións, melodías, cantando, tocando e bailando con ela. Esta é a metodoloxía básica, aparte claro está, de certos contidos teóricos que tamén hai que aprender.
  • En cada curso se actualizan os contidos dos cursos anteriores, tal e como está reflectido na programación didáctica de Educación Musical. Por iso en terceiro se repasa o de segundo, en cuarto o de terceiro e así sucesivamente. Os contidos se repiten todos os cursos,  pero loxicamente ampliados. Ese é o motivo polo cal os libros de segundo os usábamos para repasar en terceiro e así en vez de mercar un caderno de exercicios de música ademais do libro, tiñamos o libro de segundo para repasar e ademais mellor, ao poder escribir neles. Tanto en 3º como en 4º non se pode escribir nos libros. Tamén aos nenos e nenas lles gusta cantar as cancións que xa coñecen do curso anterior e a miúdo piden cantalas.  Ademais os libros son moi bos e atractivos para os nenos e nenas polas súas ilustracións. Pero aclarar tamén, que como sabedes, en cada curso temos o libro correspondente a dito nivel, aínda que se utilice outro para repasar.

O ánimo de organizarse así, é aproveitar os libros e os materiais, sen que isto afecte á programación, pois en cada curso se segue a programación didáctica referida a ese nivel e para dito curso. O libro é unha ferramenta que se utiliza para conseguir os obxectivos, pero a guía é sempre a programación.

  • Por suposto, todas as unidades do libro, é dicir as seis unidades foron traballadas na clase: todas as cancións, audicións e contos.
  • Os libros de segundo podedes gardalos porque o vindeiro curso seguiremos traballando desta maneira e os usaremos, para repasar. Tamén agora na casa, vos irei indicando nas clases que vos prepare e no espazo virtual de AGUEIRO, algunhas actividades ou páxinas que poden ir facendo neles,  sempre, insisto, como repaso e reforzo.

 

Espero que entendades as razóns de rentabilizar os recursos respectando sempre as programacións.

 

  • Por outra banda, comentarvos que as frautas estiveron gardadas en caixas herméticas pechadas e que nunca se compartiron. Podedes neste sentido estar tranquilos. Poden por suposto, gardalas para o vindeiro curso, que as seguiremos empregando e no presente tamén, a través de actividades que eu vos indique nas clases.