ENTROIDO 2020

Estimadas nais, pais, familias:

O próximo luns 17 iniciamos a semana do Entroido e continuaremos na aliña dos cursos pasados; o Entroido celébrase no centro con actividades “por e para” o noso alumnado. Dende a escola queremos e debemos potenciar a súa creatividade e permitir que cada quen veña disfrazado do que queira, porque a creatividade desenvólvese, basicamente, coa práctica. Porén non é necesario que se merquen disfraces elaborados, senón facilitarlle telas, perrucas e adobíos: colares, panos, cintos, roupa vella, etc. é suficiente para que cadaquén compoña o seu propio e persoal disfrace.

As actividades que temos organizadas nesa semana son as seguintes:

·         Dende o 17 ao 20:

o    Mandadiños do Meco en Ed. Infantil e Ed. Primaria: O alumnado que o desexe  terá que atender aos mandados do Meco para cada un dos días, de luns a xoves:

§  Luns: “Se non te queres manchar, un mandil terás que levar”

§  Martes: “Se no pote non queres acabar, algo na testa debes levar”

§  Mércores: “Non fagas a monada e trae a cara pintada”

§  Xoves: “Levántate da cama e non quites o pixama”

 

·         Venres 21 de febreiro:

o   Photocall: Farase unha montaxe fotográfica con todas as fotografías realizadas e subirase á web do centro.

 

o    Baile de disfraces para alumnado e profesorado. Os disfraces son de temática libre, creativos, respectuosos, que lles fagan sentirse ben e cómodos e consoantes co consumo responsable. Non se poden traer  complementos que fagan alusión á guerra o inciten á violencia tales como: réplicas de armas, pistolas, escopetas, espadas, lanzas, etc., xa que temos comprobado que xeran disputas entre o alumnado e son totalmente contrarios aos valores que transmitimos dende o centro.

Por último, avisar de que a biblioteca do centro permanecerá pechada o venres 21 pola tarde e tamén lembrarvos que os días 24, 25 e 26 de febreiro non serán lectivos. As clases retomaranse  o xoves 27 de febreiro.