BOAS FESTAS E FELIZ 2019
Queremos desexarvos unhas boas festas con esta postal feita entre todos, tal e como entendemos que debe ser a nosa labor desde o centro, sempre en colaboración escola e familias; valorando o que cada membro desta comunidade educativa nos aporta e aportamos.
Esperamos tamén que o novo ano 2019 veña cheo de ventos ventiños con chios de paxariños.
Panxoliñas do Advento
1
Este ar non ten asubío.
Tampouco ten aloumiño:
só un vento cheo de frío
que se pousa no camiño.
Está a chegar o Nadal:
o seu vento milagreiro
ten de cantar no Portal
e de acender o luceiro.
2
Na follaxe dun carballo
naceu un vento ventiño:
ten sinxeleza de orballo
e chíos de paxariño ... !
Nas claridades do día
brilla o gozo do mencer.
Anda moi leda María
porque Xesús vai nacer!
Manuel María*
* O texto é unha panxoliña das que Manuel María escribiu fundamentalmente nos anos cincuenta e comezos dos sesenta e que utilizaba frecuentemente para felicitar as festas do Nadal ás súas amizades.
Neste vídeo, ademais, podedes ver todas as postais que forman parte da conxunta do centro, e esperamos que vos guste a música que as acompaña, xa que forma parte dos típicos cantos de nadal, xaneiras, manueles, aguinaldos, etc da nosa cultura, interpretada polo grupo Malvela.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
postal_centro.JPG | 45.69 KB |
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue