Saltar navegación.
Inicio

VISITA DE LUIS NAVARRO, PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO

O venres 7 de novembro visitonos Luis Navarro, Biólogo, profesor e investigador da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

Luís é responsable do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas e promotor do Blogue Divulgare (http://www.divulgare.net/), que ten como obxectivo “facer accesible a ciencia e a ecoloxía para todos os públicos”.

Luis Navarro ten colleitado numerosos premios polo seu traballo entre os que cabe salientar o da Revista “The Scientist” que adxudicou o equivalente ao  Óscar Científico ao traballo sobre “A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares” ( O lagarto das Cíes). A este galardón presentábase tamén National Geographic.

Este mesmo ano acaba de recibir o Premio ao Mellor Corto de Animación no DelhiShortsInternational Film Festival 2013 polo traballo “Breaking the Rules”.

Poderiamos seguir sinalando méritos durante moito tempo: presenza en traballos sobre Repoboación de Bosques Tropicais, Investigacións sobre Invasións Biológicas… en numerosos países de todo o mundo. Participación no Proxecto Internacional ARCOPOL PLUS que loita contra a contaminación mariña accidental…

Luis veu ó noso centro para falarlle ó noso alumnado sobre as plantas e os ecosistemas aproveitando que estivemos traballando estes temas en Coñecemento do Medio de quinto.

Na súa exposición mostrounos algúns dos traballos premiados citados anteriormente e outros máis, para ensinar ós nenos e nenas detalles sobre os que era preguntado e nos que poidemos apreciar o nivel tecnolóxico de última xeración nas animacións en 3D que fai o seu equipo.

IMG_5700B.jpg

 

Destacar a paciencia e o saber chegar ao alumnado de primaria despertando o seu interese e gañas de aprender máis.

Desde aquí só nos queda darlle as grazas a Luis Navarro pola súa presenza no noso centro, esperando que nos visite cantas veces queira e poda porque todos, alumnado e profesorado, quedamos moi contentos por todo o que nos ensinou.