Novo comedor

 

O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar no mes de xullo coincidido co inicio da Escola de Verán.

O pasado venres, 21 de maio, realizouse unha visita de obra ao novo comedor do CEIP da Maía na que participaron o alcalde de Ames, o concelleiro de Educación, a directora do CEIP A MAÍA, e outros membros da corporación municipal, así como a presidenta da ANPA, a aparelladora municipal e representantes da empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, SA, adxudicataria do proxecto.

O novo comedor do CEIP da Maía comezará a funcionar coincidindo co inicio da Escola de Verán 2021 o día 1 de xullo e, en consecuencia, no curso escolar 2021/22. O edificio destaca pola súa luminosidade e colorido exterior. Trátase dun edificio plenamente integrado na área exterior do centro escolar que se atopa onde estaba o antigo comedor deste colexio. O novo comedor dispón dunha capacidade de 230 prazas, acadando as 460 prazas en dúas quendas.