Blogues

BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE

Aberto o prazo até o 30 de setembro para presentación de becas para alumnado con NEAE.

Máis información na páxina https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Unha vez cuberta a solicitude deberase entregar no centro escolar xunto coa documentación pertinente.

 

AVISO IMPORTANTE: LISTAXES DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

Todo o alumnado que solicitou praza de transporte para o curso 2021/22 resultou admitido.

Por protección de datos non publicamos as listaxes polo que deben poñerse en contacto co centro para confirmar que o autobús e a parada son as correctas.

 

Horario de atención: De luns a venres de 10:00h a 13:00h

Teléfonos de atención

881866002

881866006

 

Lembren que esta adxudicación podería verse afectada si houbera que adoptar outras medidas fronte a pandemia do COVID, posto que un empeoramento da situación puidera supoñer a imposición de outras medidas de protección e seguridade. 

AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL

Xa están a disposición dos solicitantes os vales para libros e material, poden chamar ao teléfono 881866006 para comprobar si lle foi concedido e, desde mañá venres 9 de xullo, poderán pasar polo centro a recollelos.

O horario do centro para recollida será de 10:00h. a 13:00h. 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA  DURANTE O MES DE XULLO

 

Dende o día 1 ao 31 xullo  o horario será de 10:00h. a 13:00h.

 

 

 

Durante todo o mes de agosto, o centro permanecerá pechado por vacacións.

Recollida do historial académico do alumnado que rematou a educación primaria.

Estimadas nais, pais, familias:

Desde o día 1 de xullo poden pasar pola secretaría do centro a recoller o historial académico do seu fillo ou filla.

Comunicámoslle que desde o CEIP xa se trasladou copia do historial  ao IES no que presentaron solicitude de admisión.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/22

Educación Infantil: Non hai libros

Educación primaria:

Pode consultar o listado de libros para educación primaria para o 

curso 2021/22 aquí. 

 

5º e 6º de primaria teñen libro dixital

 

Os listados de material serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PASO Á SECUNDARIA

 

Estimadas familias e alumnado:

Informamosvos das actividades de final de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que se van a desenvolver nos vindeiros días. Estas actividades están contempladas no Plan de Transición entre etapas educativas que forma parte do Proxecto Educativo do noso centro e teñen como obxectivo facilitar o paso dos nenos e nenas dende a Educación Primaria á Educación Secundaria.

Actividades:

Como consecuencia das características singulares deste curso 2020-2021 derivadas da pandemia do covid-19, o alumnado de 6º curso non pode realizar a tradicional visita ao instituto tal e como se viña realizando en cursos anteriores.

Coñecedores da importancia que para os rapaces/as ten o feito de coñecer as instalacións e o funcionamento do novo centro, así como os cambios a nivel curricular que se producen en 1º da ESO, deseñamos as seguintes actividades en colaboración co departamento de orientación do IES Plurilingüe de Ames:

 

1- Presentación da información proporcionada polo departamento de Orientación do IES de Ames.

Esta guía rápida explicarásevos aos alumnos/as en cada una das titorías de 6º. Tamén a poderedes atopar na páxina web do noso centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/) e na aula virtual.

 

2- Visita ao IES de Ames o día 17 de xuño.

Por mor da imposibilidade de visitar o IES en horario lectivo debido ás restriccións do protocolo covid, solicitamos a colaboración das familias para poder realizar esta visita fóra do horario escolar do seguinte xeito:

  • A visita terá carácter VOLUNTARIO.
  • Será responsabilidade das familias o traslado do alumnado ata o instituto e a recollida unha vez finalizada a visita, seguindo o horario de visita establecido para cada curso.
  • Unha vez que o alumnado chegue ao IES no horario previsto, será acompañado para realizar a visita polo seu profesorado titor e polas orientadoras do colexio e do instituto.

 

Horario de visitas para o día 17 establecido para cada curso (prégase puntualidade):

6ºA: de 16:30 a 17:00 horas

6ºB: de 17:15 a 17:45 horas

6ºC: de 18:00 a 18:30 horas

Finalmente, recordamos ao alumnado e ás familias que os sobres de matrícula para 1º da ESO atópanse no noso centro (CEIP A MAIA), polo que non teñen que solicitalos ao IES, na vindeira semana serán repartidos ao alumnado.

 

Agradecemos a vosa colaboración

Departamento de Orientación do CEIP A Maía

 

Atención ás familias do Proxecto ELISA!

 

 
 Se non tivestes ocasión aínda, pregámosvos cubrades o voso cuestionario ELISA, accedendo no enlace: underisk.gal/t/elisa/gal/test , tamén dispoñible directamente no Facebook do proxecto ELISA:  facebook.com/proxectoELISA/ 

 

No noso Facebook tedes toda a información necesaria para obter a vosa clave de acceso e cubrilo, con vídeos titoriais de guía se os precisades. Tamén nos atopades á vosa disposición para calquera cuestión no teléfono 600 74 61 45 e correo-e: proxecto.elisa@usc.es.   

 

Por favor, necesitamos da vosa colaboración para continuar o seguimento das nosas crianzas. Moitas grazas por formar parte da comunidade ELISA!!

Devolución dos libros de texto de 3º e 4º do curso 2020/21

Para garantir o cumprimento do protocolo sanitario no centro establécense os días 23, 25 e 28 de xuño para a devolución dos libros de texto pertencentes ao fondo de libros para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2021/22.

O prazo máximo para devolvelos será o 28 de xuño 2021, non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22.

O horario establecido polo centro para a devolución  é o seguinte:

 

Mércores 23 de xuño

Venres 25 de xuño

Luns 28 de xuño

Mañá

De 9:00h a 13:30h

De 9:00h a 13:30h

De 9:00h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

De 16:30h a 18:30h.

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

  •   Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
  •  O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso
  • A devolución faise  só no espazo habilitado para devolución, sigan os carteis coas indicacións.
  • Manteñan en todo momento a distancia de seguridade, garden fila e cumpran coas medidas de hixiene e desinfección.
  • Si os representantes legais do alumnado así o  desexan e o solicitan, recibirán posteriormente un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, para iso deberán deixar un correo electrónico para que se lle poida enviar.

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

Charla informativa para nais, pais, familias

 

 

Estimadas nais, pais, familias,

Queremos convidarvos a unha charla informativa sobre unha cuestión que cremos que é de interese para todas e todos nós: menores e redes sociais

Existen innumerables investigacións que abalan a natureza  multi- causal do fenómeno das adiccións sen  substancias, a facilidade de acceso a diversas Apps, a ampla oferta de videoxogos, a publicidade intensa nos medios e espazos deportivos, as agresivas estratexias de márketing das apostas deportivas e de xogos en liña (principalmente dedicadas aos máis novos) contribuíron a un aumento no número de persoas con problemas de adicción ao xogo e a un cambio do perfís dos xogadores, especialmente en liña.

No CEIP A MAÍA, nos últimos cursos, realizamos obradoiros de prevención de adiccións, entre as que se inclúen as adicións ás redes sociais, vídeo xogos, etc., impartidos pola psicóloga Belén Montesa Lou e o seu equipo, todo en colaboración co Concello de Ames. Esta charla informativa dirixida aos adultos e impartida polos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy  é o complemento perfecto para os obradoiros xa realizados co alumnado de 4º, 5º e 6º  e para que teñades información e pautas de actuación de primeira man.

A charla será por video conferencia, a través da aplicación Cisco Webex, e non é necesario que a descarguedes, só tedes que copiar o seguinte enlace e pegalo na barra do voso navegador, para acceder á sala da reunión https://eduxunta.webex.com/meet/isabelabelleira

Gustaríanos que, a través do correo do centro, nos fagades chegar as vosas dúbidas e inquedanzas sobre a temática da charla, para nós poderllas trasladar aos psicólogos; así Belén e Juan Carlos intentarán darlle resposta durante a charla.

 O correo ao que debedes facer chegar as vosas consultas é ceip.a.maia@edu.xunta.gal. O prazo para envío de correos é até o luns 7 de xuño de 2021.

Por favor, debedes poñer no asunto do correo "Charla menores".

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido