Quédate na casa
Enviado por Dirección do Centro o Ven, 13/03/2020 - 3:01pm
Dende o CEIP A MAÍA queremos sumarnos a unha recomendación que xa reiteraron as autoridades, que instan á poboación a non saír dos seus domicilios na medida do posible, así como a evitar os desprazamentos innecesarios e, en calquera caso, non acudir a lugares concorridos.
Por favor, a suspensión da actividade escolar "non son vacacións, os nenos e nenas non teñen que estar no parque, non teñen que estar a quedar, non teñen que saír "
É sumamente importante, necesitamos que a xente quede en casa, é imperativo que os maiores queden na casa, e que a poboación en xeral quede en casa.
O alumnado do centro fixo uns carteis para sensibilizarnos con esta máxima.
»
- blogue de Dirección do Centro
- APIs de Blogue