Saltar navegación.
Inicio

Resultado das votacións para elixir ás representantes do sector de nais e pais no consello escolar do centro

Censo de votantes: 725

Votos realizados: 23

 

Votos obtidos polas candidatas:

 

  • Alba María Bermúdez Rodríguez 18 votos
  • María del Rosario Rodil Rodríguez 18 votos
  • Catherine Seijo Perol 11 votos
  • María del Pilar Viqueira Miranda 15 votos

A xunta electoral reunirase o vindeiro luns 25 de novembro para a proclamación e publicación de candidatas electas.

CIRCULAR INFORMATIVA VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS

  • Votacións: martes 19 de novembro en horario de 16:30h a 19:30h.
  • Lugar: Biblioteca pequena do CEIP A MAÍA
  • Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.- Quen pode votar.

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

            a) O voto será directo, secreto e non delegable.

         b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

          c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz tres nomes.

        d) Para votar deben acreditar a súa personalidade no momento de votar mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

     e) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

            A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

                                                Bertamiráns, 15 de novembro de 2024

 

                                              A  PRESIDENTA  DA XUNTA ELECTORAL

 

CANDIDATURAS para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio fai pública a relación dos nomes das candidatas que se presentan á referida elección, segundo se indica de seguido por orde alfabético de apelidos:

 

  1. Alba María Bermúdez Rodríguez
  2. María del Rosario Rodil Rodríguez
  3. Catherine Seijo Perol
  4. María del Pilar Viqueira Miranda

 

 

Segundo o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21) corresponde elixir no presente proceso electoral a catro pais/nais, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, sendo un deles proposto pola ANPA. 

As votacións no sector pais/nais serán o 19 de novembro de 2024 no seguinte horario:

  •  de 16:30h  a 19:30 horas

 

 

    O que se fai público para xeral coñecemento

                                          Bertamiráns, 12  de novembro de 2024

 

                                                         A DIRECTORA DO CENTRO E

                                                 PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,

 

 

Folga xeral no sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada

No Diario Oficial de Galicia do venres 25 de novembro de 2024 publicouse a ORDE do 23 de outubro de 2024 pola que se establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a folga xeral no sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada, convocada pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) para os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro, e 5, 9 e 23 de decembro.

Os servizos mínimos nos contratos de transporte escolar de uso especial
 (Códigos ED......) serán os seguintes: 

B) Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

Do mesmo xeito, a dispersión poboación en Galicia determina que, diariamente, se teña que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os cales non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito

de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata as 10.30 horas, e os de saída

desde as 13.30 ata as 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa

superior a catro quilómetros.”

CHAMAMENTO Á COLABORACIÓN E Á SOLIDARIDADE

Estimadas familias,

Creo que todas estades informadas da situación que se está a vivir en Valencia como consecuencia da DINA da pasada semana.

Queremos facer un chamamento á colaboración e á solidariedade con todas as persoas damnificadas por esta calamidade, para que cada quen, na medida das súas posibilidades, acuda aos centros habilitados neste concello para donativo de alimentos e enseres de traballo (demándase leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, palas e botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir).

O que si vos pedimos como centro educativo é que no momento que acudades vaiades acompañados dos vosos fillos/as. Eles/as teñen que ser plenamente conscientes do importante que é axudar e colaborar nestes momentos de desastre e perda e da importancia da solidariedade, entre todos axudamos moito.

No concello hai varios puntos habilitados para tal fin:

• Casa da cultura do Milladoiro (de 9.00h a 20.00h)
• Casa da cultura de Bertamiráns (de 9.00h a 20.00h)
• Casa do Concello (dende luns, de 9.00h a 14.00h)
• Local de Protección Civil (luns e mércores, 4 e 6 de novembro, de 16.00h a 20.00h)

 

Moitas grazas pola vosa axuda!

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA DE NAIS/PAIS PARA O CONSELLO ESCOLAR

prazo de presentación de candidaturas será do 29 de outubro ao 8 de Novembro (ámbolos dous inclusive) e debe entregar Vde. a súa solicitude na secretaría do centro, en horario de 9:15 h a 13:30 h; o luns 4 poderanse presentar tamén en horario de tarde de 16:30 h a 18:30h.; ou remitila por correo electrónico a ceip.a.maia@edu.xunta.gal, indicando como asunto "candidatura consello escolar".

Presentación do PDI e participación en Ames Radio polo Día das Bibliotecas Escolares

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar 2024-2025!

O Equipo da biblioteca do CEIP da Maia arrancamos este curso moi ilusionados coa temática escollida polo Claustro do noso centro para o Proxecto Documental Integrado (PDI). Como xa todas sabedes, este ano centrarémonos na radio. Por este motivo, para dar pulo ao noso PDI, durante as primeiras semanas de curso pedimos ao alumnado que aportara radios de todas as épocas e diferentes dispositivos e soportes para a reprodución de música e así preparar unha exposición. Sentímonos agradecidas e marabilladas pola resposta da comunidade educativa! Aquí tendes o resultado:

Imaxe 1 (exposición)

Ademais, co gallo da conmemoración do Día Internacional das Bibliotecas, tivemos a visita de Ames Radio, quen se fixo eco da nosa exposición e quixo afondar co alumnado sobre o motivo de escollermos este tema para o PDI. Tedes a retransmisión do programa no seguinte enlace (minuto 26): https://amesradio.gal/podcast/somos-ames-24-10-2024/

Imaxe 2 (Ames radio)

O alumnado quedou moi contento e cunha visita pendente ás instalacións de Ames Radio para coñecer máis de cerca como se fai un programa de radio en directo.

Saúdos!

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS NO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO

Presentación de candidaturas: do 29 de outubro ao 8 de novembro.

Votación 19 de novembro de 16:30h a 19:00h

Consulte a Circular completa en documento adxunto

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: SORTEO MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

A Directora do centro.

Unha mestra ou mestre.

Un pai ou nai ou titor legal.

Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 18 de outubro ás 12:00 horas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Bertamiráns, 11  de outubro de 2024.

 

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

Aviso: Meteoroloxía adversa. Choiva intensa e vento.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia, informan dun fenómeno meteorolóxicos adverso de nivel LARANXA POR VENTOS en toda a Comunidade Autónoma de Galicia., dende as 06:00 ata as 14:00 do 9/10/2024.

Ante a devandita situación a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O MÉRCORES 9 en todos os centros educativos de Galicia.
  2. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.
 
Distribuir contido