Skip to Content

Complementarias

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 2º DE PRIMARIA A SAN CIBRÁN DE LAS

 

O 31 de maio, os alumnos e as alumnas de 2º de educación primaria visitaron o Castro de San Cibrán de Las, Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, onde puideron formarse unha idea de como era a vida fai 2000 anos en Galicia.  

Picando na seguinte imaxe pódese visualizar un video que recolle momentos da actividade.

 

O GRUPO DE TEATRO "A BERENGUELA" NO CEIP AMADEO R. BARROSO

 

O día 23 de maio, como xa ven sendo tradición nos últimos anos, visitounos o grupo de teatro "A Berenguela". Fixeron unha representación teatral para o alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Pica na seguinte imaxe para ver un vídeo con momentos da actuación.

 

 

8 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER

 

SEGUIMOS EDUCANDO PARA A IGUALDADE

 

CELEBRANDO O ENTROIDO

 

O venres 18, celebrouse no colexia a Festa do Entroido. Picando nas fotos seguintes pódense ver distintos vídeos con imaxes da xornada.

 

 
 

ENTROIDO 23: XOVES DE COMPADRES

 

O 17 de febreiro, o alumnado de 3º de educación primaria participou na celebración do Xoves de Comadres, organizada polo Concello de Ourense. Picando na seguinte imaxe pódese ver un vídeo da actividade.

 

ENTROIDO 23: EXPOSICIÓN DE FIGURAS E MÁSCARAS TRADICIONAIS

Coincidindo co celebración do Entroido montouse na entrada do colexio unha Exposición de Figuras e Máscaras Tradicionais de distintos pobos da provincia de Ourense. Todas as pezas expostas foron creadas por alumnos/as e familias da comunidade educativa. Dignas de ver.

Picando na seguinte imaxe poderase observar unha mostra da mesma.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut